Plan de Acción Titorial (PAT)

A ETSNM pon ao dispor do seu alumnado un servizo personalizado de asesoramento e orientación, asignando un titor ou titora persoal dende o primeiro momento.

A súa axuda permitirá ao estudante adaptarse e integrarse máis rápida e satisfactoriamente na vida universitaria, desenvolver os seus recursos persoais, mellorar os seus procesos de aprendizaxe e, por tanto, o seu rendemento académico e, tamén, facilitar a súa incorporación ao mundo profesional.

Estes son algúns dos beneficios que lle pode proporcionar dispoñer dun titor ou titora persoal.

A función do titor ou titora non é vixiar, controlar ou xulgar senón, pola contra, apoiar e acompañar ao estudante ao longo da súa formación académica. Podendo informar, asesorar e apoiar ao longo da carreira a nivel persoal, académico e profesional.

  • Necesita información sobre o funcionamento da Universidade e os seus servizos.
  • Ten dificultade nos seus estudos e en como se organiza o tempo.
  • Quere potenciar determinadas habilidades que son necesarias para o seu desenvolvemento persoal e profesional.
  • Quere mellorar o seu rendemento académico.
  • Ten algunha dificultade persoal que está a prexudicar o seu rendemento académico
  • Necesita información sobre o plan de estudos da súa titulación e asesoramento para decidir en que materias optativas matricúlase.
  • Quere axuda para planificar o seu itinerario académico.
  • Quere coñecer mellor as distintas saídas profesionais da súa titulación e decidir cales encaixan mellor cos seus intereses e expectativas.
  • Pode acudir xunto o seu titor ou titora sempre que o considere oportuno por ser un servizo voluntario.
  • Toda a información que facilite a un titor ou titora será estritamente confidencial.
  • Non fai falta que teña un problema para consultar co titor ou titora pois a súa función é, ante todo, axudarlle a que aproveite ao máximo o seu tempo na Universidade e oriéntese adecuadamente cara ao seu futuro profesional.
  • O programa de acollida, con procedemento propio, pretende dar ao estudante de novo ingreso a información tanto académica como funcional da ETSNM. Neste proceso, ademais do profesorado dos primeiros cursos e profesores/as titores/as, participan estudantes de cursos superiores. En particular, son estes últimos os encargados de realizar unha visita guiada polas distintas dependencias da Escola. Culmina coa realización dunha enquisa.

Para un mellor rendemento académico, o PAT enfócase de forma específica a:

  • Apoiar a integración do estudante de novo ingreso na ETSNM.
  • Descubrir as trabas que se lle presentan no estudo.
  • Orientar ao estudante no seu proceso de formación.
  • Asesorar na elaboración do currículo académico.
  • Facilitar información dos aspectos relacionados coa institución que o/a estudante solicite.
  • Animar á participación nos órganos de representación do Centro e da Universidade.
  • Mediar nos posibles conflitos académicos que poidan xurdir na estancia do estudante no Centro.
  • Orientar e servir de apoio no paso do mundo académico ao laboral.

Coordinadora do PAT na ETSNM

Dra. Angélica Díaz de la Rosa

Coordinadora PAT da ETSNM

ETS de Náutica e Máquinas - Universidade da Coruña

Coordinadores/as e Estudantes delegados/as do Grao en Máquinas Navais

Coordinador do Grao: Javier Romero Gómez

Coordinadora de 1º GMN: Mª Teresa Cao Rial

Estudante delegada: Marta Rúa Núñez

Coordinador de 2º GMN: Benigno Rodríguez Gómez

Estudante delegado/a: Óscar Neu Fernández

Coordinador de 3º GMN: Feliciano Fraguela Díaz

Estudante delegado/a: Heloisa Souza Vidal

Coordinador de 4º GMN: Rafael Santos Couceiro

Estudante delegado/a: Alba González Ramos

Coordinadores/as e Estudantes delegados/as do Grao Náutica e Transp. Marít.

Coordinadora do Grao: María Natividad López López

Coordinadora de 1º GNTM: Angélica Díaz de la Rosa 

Estudante delegado/a: Alberto Xalabarder Morales

Coordinador de 2º GNTM: Eliseo Antonio Pacheco Martínez

Estudante delegado/a

Coordinador de 3º GNTM: Julio Louro Rodríguez

Estudante delegado/a

Coordinador de 4º GNTM: Genaro Cao Feijóo

Estudante delegada: María González Iglesias

Unidade de Atención á Diversidade (ADI)

Unidade de Atención á Diversidade (ADI) creouse en febreiro de 2004 para atender a persoas da comunidade universitaria de colectivos que teñen unhas necesidades específicas que requiren de un maior acompañamento e atención. Aínda que no seu inicio dirixiuse especialmente ás personas con discapacidade e NEAEs, actualmente ademáis creouse un servizo de atención á comunidade universitaria LGTBIQ+. 

A Unidade ADI diríxese, por tanto, ao conxunto de participantes nos estudos superiores: estudantado, profesorado e persoal de administración e servizos. O seu cometido principal é o de facilitar a plena inclusión e equidade do estudantado, profesorado e PAS que, por razóns físicas, sensoriais, de identidade de xénero, afectivas-sexuais, de expresión de xénero, psíquicas ou socioculturais experimentan dificultades ou barreiras externas a un acceso equitativo, igualitario e participativo na vida universitaria.

Máis

Deportistas de Alto Nivel da Universidade da Coruña (DANUDC)

Se formas parte da comunidade universitaria e es deportista, adestrador/a, técnico/a, xuíz/a ou árbitro/a de alto nivel, alto rendemento deportivo, e rendemento deportivo ou se participas en competións de ámbito nacional e queres beneficiarte das diferentes axudas que che permitan compatibilizar a túa preparación e práctica competitiva cos teus estudos universitarios e cumpres con algún dos requisitos que aparecen na Normativa de Deportista de Alto Nivel da Universidade da Coruña, este é o teu espazo.