Teses doutorais en curso

LOGO_GEXAFD   Actualmente, estanse a desenvolver as seguintes teses doutorais:

"A bugalliña e o bugalliño, dous xogos tradicionais galegos de mulleres. Análise etnomotriz e feminista". 
Este estudo céntrase na análise de cada un dos elementos que conforman a lóxica interna (regras e propiedades internas) e externa (elementos socioculturais) de ambos xogos tradicionais. Ademais, realízase unha comparativa con outras prácticas lúdicas realizadas por mulleres desde unha perspectiva feminista. 
 
Por: Manuela Vázquez Coto.
 
“Deporte e redes sociais: estudo da promoción e difusión do exercicio físico desde unha perspectiva de xénero

O obxectivo desta tese de doutoramento é estudar desde un paradigma feminista os usos das redes sociais e os recursos en liña como canle de promoción da actividade física e do exercicio.

Por: Claudia López López.

 

"Deseño e avaliación dun programa de prevención do sexismo na cultura deportiva"

A finalidade desta Tese é o deseño, implantación e análise dun programa de intervención para a prevención do sexismo na cultura deportiva das e dos futuros profesionais da Actividade Física e Deportiva.

Por: Marina Castro García.

Séguea en instagramdeportigualizate