Presentación

cadro (c) cadro

O Departamento de Letras agrupa as áreas de coñecemento do ámbito filolóxico. Está composto polas seccións de Lingua e Literatura Española, Estudos Ingleses, Filoloxía Románica (integrada polas áreas de Filoloxía Románica e Filoloxía Italiana), Galego-Portugués e Lingüística, e polas áreas de Filoloxía Francesa, Filoloxía Alemá e Teoría da Literatura e Literatura Comparada.

Foi creado no ano 2017 como resultado da fusión de tres departamentos: Filoloxía Inglesa, Filoloxía Española e Latina, e Galego-Portugués, Francés e Lingüística. 

Ten a súa sede na Facultade de Filoloxía (Campus da Zapateira).