O Laboratorio de Plásticos naceu no ano 2001 co obxectivo de transferir o coñecemento acadado no Grupo de Polímeros da UDC ás empresas do sector de transformación de materiais poliméricos.
A súa infraestrutura singular permítelle dar un servizo integral no desenvolvemento de novos materiais poliméricos que poidan ser procesados mediante as técnicas de extrusión ou inxección.
Co tempo, os sevizos de asesoría técnica especializada tamén son unha parte importante do traballo a realizar, pois a utilización de materiais poliméricos é transversal a moitas empresas cuxo principal nicho de negocio non é a transformación de ditos materiais.
Rigor científico-técnico
Interdisciplinariedade
I+D+i
Confidencialidade
Lealdade
Divulgación
Responsabilidade Social
Paixón
Contamos cunha web multiplataforma para que poidas visitarnos e contactar con nós onde queira que estés, desde o teu ordenador, tablet ou dispositivo IOS ou Android.
Directora técnica. Especializada no procesado e caracterización de materiais poliméricos, polímeros condutores e polímeros para impresión 3D
Responsable de calidade. É especialista no procesado, caracterización e análisis reolóxico de polímeros, compostos poliméricos e compostos poliméricos condutores.
Investigadora. Especialización na síntese química de polímeros condutores
Investigador. Formulación, caracterizacion e procesado de materiais e compostos polimericos, biomateriais e materiais de impresión 3D
Técnico superior de laboratorio. Especialista no procesado e caracterización de materiais e compostos polimericos. Participa nas asistencias técnicas e control de calidade.
Investigadora predoutoral. O seu campo de investigación é o das resinas poliméricas fotopolimerizables e os polímeros condutores
Técnico superior de laboratorio. Especialista no procesado e caracterización de materiais e compostos polimericos. Participa nas asistencias técnicas e control de calidade.
Axudante de Investigación. Especializado no deseño de equipamento mecánico e electrónico para investigación e no deseño e procesado de mostras por FDM e DLP
En LabPlast tamén organizamos xornadas e encontros solidarios como Aprendizaxe e Servicio, unha actividade realizada co alumnado de primeiro de Enxeñaría en Deseño Industrial e en colaboración con asociacións como Cáritas, Xeración, Afal, Teima Down, AxFerrolterra e máis.
Todas estas novas, actividades e moito máis colgámolo no noso muro de Facebook, así que non dudes en seguirnos e estar ó día das novidades e eventos.