Proxectos destacados

Unha selección dos mellores proxectos levados a cabo por Labplast

Rural 4.0: aditiva 3d

Entidade financiadora: Consellería Medio Rural e FEADER

Entidades participantes: UNEMSA

Duración: febreiro 2018 - setembro 2020

O obxectivo principal de Rural 4.0 é o de aproximar as novas tecnoloxías de fabricación aditiva, como é a impresión 3D, ás actividades relacionadas co medio rural. Así pois, tratase de desenvolver novos materiais poliméricos aptos para impresión 3D, reciclando refugallos xerados polas actividades agroforestais. Finalmente, explorar novos productos que poidan ser fabricados a partir destes materiais e que resulten útiles no medio rural.

Desenvolvemento dun novo producto biomaterial a partir da valorización do soro lácteo e lodo urbano (BIALAC)

Entidade financiadora: Programa Conecta PEME 2018 Xunta de Galicia (CÓDIGO: IN852A 2018/77)

Entidades participantes: Empresa Municipal Aguas de La Coruña, Ecoplas Barbanza, Abakal Ingenieros Consultores, Innolact

Duración: marzo 2018 - setembro 2020

A séntese de novos polímeros con menor impacto ambiental é un dos obxectivos deste proxecto que, por outra banda, avaliará a viabilidade do soro lácteo e lodos urbans coma novas fontes de recurso, a partires do cal poder sintetizar biopolímeros aptos para aplicacións industriais.

BIOREFCOMPOSITE

Entidade financiadora: Programa Feder-INTERCONECTA 2015 (ITC‐20151134)

Entidades participantes: METALFRA, INDUSTRIAS DEL TABLERO, S.A. (INTASA)

Duración: julio 2015 - diciembre 2017

A investigación nun taboleiro de partículas de maiores prestacións e menores emisións de volátiles orgánicos é o obxectivo principal deste proxecto. Para acadar tal fin, investigouse en novos aditivos e nano-reforzos, así coma en novos procesos de transformación que permitan acadar as prestacións buscadas diminuíndo o impacto medioambiental do taboleiro actual.

Concepción e validación dun novo modelo de guía para luas laterais en automoción (GHYBRID)

Entidade financiadora: CDTI

Entidades participantes: Grupo Antolín-PGA SA, Grupo CIMA-Universidade de Vigo

Duración: Decembro 2013 - Marzo 2015

O desenvolvemento de novos conceptos para as guías de lúas laterais para o automóbil é o eixe principal do proxecto. Combinar polímeros e estruturas metálicas, nun concepto flexible e fabricable ca cadencia de produción e nivel de calidade esixido por lo sector do automóbil foi o hándicap desde proxecto.

MDF-NANOGLUED

Entidade financiadora: Programa Feder-INTERCONECTA 2013 (ITC-20133070)

Entidades participantes: INDUSTRIAS DEL TABLERO, S.A. (INTASA)

Duración: 2 anos (2013-2014)

Investigouse a mellora do encolado da madeira no proceso de fabricación de taboleiro de media densidade (MDF) introducindo nano-recheos lignocelulósicos nas formulacións das resinas adhesivas.

Novas tecnoloxías para a construcción de infraestruturas portuarias durables (DURAPORT)

Entidade financiadora: Programa Feder-INTERCONECTA 2011 (ITC-20113032)

Entidades participantes: ACCIONA INFRAESTRUCTURAS, S.A.

Duración: 2 anos (2013-2014)

En Duraport testáronse novas esctructuras fabricadas total ou parcialmente con materiais poliméricos como elementos estructurales para a construcción de infraestructuras portuarias.

Control dos productos de degradación acumulados no reciclado do PET aditivado - RECICLAPET

Entidade financiadora: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Xunta de Galicia (XUGA PGIDIT 10TAL172002PR)

Duración: setembro 2010 - agosto 2013

No reciclado de plásticos posconsumo é importante ó control dos productos de degradación que poidan xurdir no proceso. Neste proxecto puxéronse a punto novas metoldoloxías de identificación e cuantificación destes compostos orgánicos, co fin de garantir a seguridade do uso do PET reciclado en aplicacións en contacto con alimentos.

Deseño de novos composites plásticos condutores dotados de propiedades de blindaxe radioeléctrico (COMPOCONDAR)

Entidade financiadora: Ministerio de Ciencia e Innovación - Programa INNPACTO (IPT-420000-210-4).

Entidades participantes: TELEVES, S.A.

Duración: xullo 2010 - decembro 2012

A sustitución de materiais metálicos por polímeros conductores máis lixeiros e cun custe enerxético menor no seu procesado foi o obxectivo principal de COMPOCONDAR. Os desenvolvementos de novos compostos poliméricos conductores moldeables por inxección foron o principa obxectivo do proxecto.

 

Avance nos sistemas de cultivo mariño mediante o emprego de polímeros intelixentes.

Entidade financiadora: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Xunta de Galicia (XUGA-PGIDIT 08TMT015E).

Entidades participantes: ECOPLAS BARBANZA SL.

Duración: Outubro 2008-Outubro 2010

 

3R-FISH “Modelo de xestión integral de recuperación e reciclaxe dos residuos sólidos propios das actividades pesqueiras y portuarias".

Entidade financiadora: European Comisión-Directorate-General Environment-Programa LIFE (LIFE 07 ENV/E/000814)

Entidades participantes: Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR)

Duración: 01/01/2009 - 01/01/2012