Obxectivo
A Semana da Administración Aberta é unha iniciativa impulsada a nivel mundial pola Alianza para o Goberno Aberto (Open Gov Week), que en 2022 celebrouse do 16 ó 20 de maio, pero España foi adiada á semana do 27 de xuño ao 1 de xullo. O seu obxectivo principal é achegar as Administracións Públicas á cidadanía, baseándose nos principios do Goberno Aberto: transparencia, rendición de contas, participación cidadá, integridade pública e colaboración.
Nesta edición, a División de Atención ó Cidadán, Transparencia e Publicacións (DIV ATP) do Ministerio de Ciencia e Innovación quere acentuar a visibilización da actividade das entidades que participan nas infraestruturas de investigación europeas.
Neste marco, o IUMA tomará parte nesta iniciativa cunha Xornada de portas abertas con visita ás súas instalacións. En particular, visitarase a estación de calidade do aire do IUMA, que participa como membro asociado na infraestrutura de investigación europea ACTRIS (Aerosols, Clouds and Trace gases Research Infrastructure). A través de ACTRIS-España, colaboramos en campañas puntuais de medidas de partículas ultrafinas, carbono negro e outros contaminantes.
Destinatarios
Estudantes universitarios, de FP, de Bacharelato e comunidade educativa en xeral.
Modalidade
Presencial: consistirá nunha visita de aproximadamente 1 hora de duración.
Data
28 de xuño de 2022.
Hai diferentes quendas que terán que seleccionar por preferencia no formulario de inscrición.
Lugar
Instituto Universitario de Medio Ambiente da Universidade da Coruña. Pazo de Lóngora, Liáns, 15179 Oleiros. A Coruña.
¿Cómo participar?
Para participar na actividade é obrigatoria a inscrición previa aquí.
A data límite é o 23 de xuño.
Aceptaranse inscricións por orde de chegada ata o límite máximo por hora que é de 15 asistentes.
Enviarase confirmación da inscrición por correo electrónico.
Aviso: No transcurso da Xornada o persoal do IUMA realizará fotografías xerais co único obxectivo de subilas á web do IUMA sobre esta actividade e para preparar resumen gráfico do evento. Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da visita.