O Instituto Universitario de Medio Ambiente (IUMA) é un centro propio da Universidade da Coruña, constituido de conformidade co establecido pola lexislación universitaria xeral e polos Estatutos da Universidade da Coruña. A súa creación produciuse por acordo do Consello da Xunta de Galicia de 25 de agosto de 1997 (Decreto 243/1997 de 25 de agosto, DOG de 12 de setembro de 1997), en cumprimento e tras os trámites establecidos nas disposicións legais anteditas.
A súa sede é o Pazo de Lóngora na parroquia de Liáns do Concello de Oleiros (A Coruña). Este edificio foi cedido á Universidade da Coruña por parte do Concello de Oleiros, que é o seu propietario, coa condición de dedicalo á actividade do IUMA durante un prazo mínimo de 30 anos e co compromiso firme de asumir a restauración do edificio, respectando os valores da antiga edificación.
Actualmente, grazas ás reformas acometidas por parte da UDC, financiadas con fondos públicos, concretamente do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Pazo de Lóngora reencóntrase co seu pasado volvendo a ser refuxio de investigadores, técnicos e docentes, como os seus primeros moradores, Marcial del Adalid coa súa dona Fanny Garrido e o seu segundo esposo, José Rodríguez Mourelo, catedrático de Ciencias Químicas.
ÓRGANO COLEXIADO
ÓRGANOS UNIPERSOAIS
Directora: Dra. Purificación López Mahía
Secretaria: Dra. María Isabel Turnes Carou
Teléfonos: +34 881 01 4155/+34 881 01 4158
PERSOAL
Dra. María Piñeiro Iglesias. Técnica en Instrumentación Analítica
Teléfonos: +34 881 01 4175/+34 881 01 4172
Mª Belén Vázquez Sobrado. Secretaria administrativa
Teléfono: +34 881 01 4158
CONTACTO
E-mail: iuma@udc.es
Teléfono: +34 881 014158
R/ Casares Quiroga, 29
Pazo de Lóngora
15179 Liáns, Oleiros, A Coruña, España
43º20'10.56" N
8º21'07.45" O
Actualidade