Últimas publicacións do grupo

Jornadas de formación Nuevos formatos para la oralidad en el aula. Bases y experiencias

Mónica Martín Molares, Sandra Mª Peñasco González e Rocío Barros Roel (eds.)

A Coruña, Reprografía Noroeste, S. L., 2021

ISBN: 978-84-18291-25-8

262 páxinas

O volume ten como finalidade aglutinar e compartir os resultados da primeira edición do curso Xornadas de formación Novos formatos para a oralidade na aula (NFOA), organizadas polo Departamento de didácticas específicas e métodos de investigación e diagnóstico en educación da Universidade da Coruña (UDC), co apoio do Grupo de investigación HISPANIA da mesma universidade, e celebráronse os días 5, 6 e 7 de maio do ano 2021. Estas xornadas nacen como un complemento aos títulos que se imparten, en concreto, na Facultade de Ciencias da Educación, en especial para os graos de Educación Primaria e o Mestrado en Profesorado de Secundaria, aínda que os contidos presentan unha alta pertinencia para todo o alumnado do centro e doutros da propia universidade, tales como a Facultade de Filoloxía ou a de Ciencias da Comunicación.

Os contidos que se trataron nas Xornadas NFOA abarcan desde experiencias didácticas ou descrición de actividades, pasando por formatos concretos, aplicacións e/ou programas e recursos, así como reflexións e directrices ao redor das posibilidades existentes.

 

Traducción y pre-periodismo. Las relaciones de sucesos ítalo-españolas de los siglos XVI-XVIII: estudios y ediciones

Mónica Martín Molares e Matteo Mancinelli (eds.)

Pesaro, Metauro Edizioni, 2021

ISBN: 978-88-6156-178-6

267 páxinas

As relacións de sucesos dan noticia de acontecementos históricos, políticos e relixiosos, especialmente durante os Séculos de Ouro. O presente volume supón unha primeira aproximación ao tema da tradución na produción pre-xornalística dos séculos XVI- XVIII.
Publícanse sete contribucións que estudan e editan relacións de sucesos ítalo-españolas, desde o martirio de Nagasaki de 1597 ata o terremoto que arrasou o reino de Nápoles en 1703 e que representan o alcance da circulación da información entre ambas as penínsulas.
 

Transgresión sexual y pecado contra natura en Navarra (siglos XVI-XIX)

Javier Ruiz Astiz

Pamplona, Gobierno de Navarra, 2020

ISBN: 978-84-235-3558-3

298 páxinas

Esta obra pon ao descuberto os usos e as prácticas sexuais que transgredían a orde establecida na Navarra dos séculos modernos, ao analizarse de forma detallada o pecado contra natura en dúas das súas manifestacións: a sodomía e o bestialismo. Para o seu estudo empregáronse os procesos xudiciais que se dirimiron ante os Tribunais Reais e que se atopan depositados no Arquivo Xeral de Navarra.

A pesar das diferenzas intrínsecas identificadas entre os casos de sodomía e bestialismo, a presente monografía resalta a dureza coa que se reprimiron eses comportamentos polas autoridades civís e relixiosas. Xunto a isto, non menos relevante foi o rol disciplinante que xogou a veciñanza de moitas localidades do reino navarro entre os séculos XVI e XIX. Con todo, o realmente interesante é comprobar o modo en que os xuíces aplicaron xustiza aos reos acusados de cometer o pecado nefando. O seu arbitrio permítenos apreciar as dúbidas que sementaron aqueles xuízos, xa que as condenas á morte case desapareceron a finais do século XVI, sendo substituídas polos desterros e as galeras ao remo, cando non polas absolucións dos procesados. Deste xeito, neste estudo constátase unha aparente fractura, consolidada desde as primeiras décadas do XVII, entre o que ditaminaban as leis e a actuación dos xuíces.

 
Habitando_historias

Habitando historias. 10 experiencias arredor do libro e da lectura

Montse Muriano Rodríguez (ed.)

Vigo, Editorial Galaxia, 2019

ISBN: 978-84-9151-398-8

200 páxinas

 

Nestas páxinas arredor do libro, a lectura, as bibliotecas, os booktubers, as novas formas de ler, as experiencias lectoras, o canon literario reflexiónase sobre o feito de ler e o seu fomento. Xuntáronse dez persoas, dez profesionais que dixeron si a este proxecto e cuxas experiencias arredor do libro e da lectura non van deixar a indiferente a ninguén. As dez almas que habitan este libro saben moi ben do que falan e saben moi ben como facelo. Son escritoras, docentes, bibliotecarias, contadoras... En definitiva, voces críticas, voces expertas e vocez comprometidas coa consecución dun mundo mellor a través das historias que viven nos libros. Un volume que aspira a ser referencial no mundo educativo. Mais, sobre todo, un libro de lectura necesaria para todas e todos os que aman ler, abrir un libro e navegar entre as súas páxinas. De papel ou de bits. Historias, despois de todo.

____________________________________________________________________________________________________

FestinaLente

Festina Lente. Augusta empresa correr a espacio. Studia in honorem Sagrario López Poza

Nieves Pena Sueiro e Carlota Fernández Travieso (eds.)

A Coruña, Servizo de Publicacións, Universidade da Coruña, 2019

ISBN: 978-84-9749-736-7

 

Este volume reúne un conxunto de traballos que o equipo da Biblioteca Digital del Siglo de Oro (BIDISO) realizou como homenaxe á profesora Sagrario López Poza, catedrática de Literatura Española da Universidade da Coruña. Acompañan a estes estudos catro semblanzas de acreditados especialistas, en recoñecemento das achegas científicas de tan fecunda investigadora.

____________________________________________________________________________________________________

malas_noticias

Malas noticias y noticias falsas. Estudio y edición de relaciones de sucesos (siglos XVI-XVII)

Valentina Nider e Nieves Pena Sueiro (eds.)

Trento, Università degli Studi di Trento, 2019

 

 

O volume ofrece unha seleccións de relacións de sucesos con malas noticias ou noticias falsas traídas de diversas partes do mundo, editadas en español ou italiano, exemplificando un nutrido abano de temas e de formas textuais en prosa e verso (especialmente romances e 'coplas de cego').

Esta antoloxía foi realizada por catorce especialistas de universidades españolas e italianas, coordinados por Valentina Nider (Università di Trento) e Nieves Pena Sueiro (Universidade da Coruña), e é o primeiro volume dun proxecto editorial de maior calado, que pretende continuar publicando edicións de relacións de sucesos.

____________________________________________________________________________________________________

memoria_y_civilizacion

Las relaciones de sucesos: producto y género editorial en la Monarquía Hispánica

Javier Ruiz Astiz e Nieves Pena Sueiro (coords.)

Memoria y Civilización. Anuario de Historia, vol. 22, 2019

ISSN: 1139-0107 / ISSN-e: 2254-6367

Número monográfico da revista Memoria y Civilización, coordinado por Javier Ruiz Astiz e Nieves Pena Sueiro, centrado no fenómeno da edición das relacións de sucesos no ámbito da Monarquía Hispánica durante o século de Ouro. Nos traballos que compoñen este número abórdase a complexidade dun produto e xénero editorial tan consumido na España áurea.

____________________________________________________________________________________________________

Lia_Schwartz

Docta y sabia Atenea. Studia in honorem Lía Schwartz

Sagrario López Poza, Nieves Pena Sueiro, Mariano de la Campa, Isabel Pérez Cuenca, Susan Byrne, Almudena Vidorreta (eds.)

A Coruña, Servizo de Publicacións, Universidade da Coruña, 2019

ISBN: 978-84-97497-04-6

832 páxinas

 

Este libro pretende ser unha merecia homenaxe á profesora Lía Schwartz, sen que terminase a súa traxectoria investigadora e docente, que segue plenamente activa. O convencemento de que as contribucións da profesora Schwartz aos estudos hispánicos (e en particular o impulso e progreso que achegou á interpretación científica da Literatura española) merecían unha homenaxe sen esperar á súa xubilación foi impulsado en paralelo por diversos colegas que, ao ter coñecemento da confluencia de intencións, decidiron unirse na tarefa de coordinación, edición e financiamento.

____________________________________________________________________________________________________

menendez-pidal

Ramón Menéndez Pidal

José Ignacio Pérez Pascual

Madrid, Punto de Vista Editores, 2019

ISBN: 978-84-16876-71-6

640 páxinas

 

José Ignacio Pérez Pascual escribe unha biografía definitiva sobre Ramón Menéndez Pidal despois de máis de vinte anos de estudo sobre o filólogo. O texto apóiase nunha profusión de fontes escritas, fuxindo da tradición oral e as anécdotas, dando moitas veces voz ao propio don Ramón, tanto a través das súas publicacións e das entrevistas que concedeu, como das súas notas personais manuscritas e as súas cartas. Todo iso fai esta biografía unha apaixonante viaxe a través das iniciativas culturais que se suceden durante gran parte do século XX.

____________________________________________________________________________________________________

portadaCristina

Los Extranjerismos en las últimas obras académicas: Del Diccionario Panhispánico de Dudas (2005) al Diccionario de la Lengua Española (2014)

Cristina Fernández Bernárdez

Anexos de Revista de Lexicografía, 41

A Coruña, Servizo de Publicacións, Universidade da Coruña, 2018

ISBN:978-84-9749-679-7

108 páxinas

Volume promovido polos membros do Departamento de Letras da Facultade de Filoloxía que serve de homenaxe póstumo á compañeira Cristina Fernández Bernárdez, profesora na Universidade da Coruña dende 1996 ata 2017.

Neste libro reúnense un conxunto de traballos, de temática común, que aportan interesantes datos cualitativos e cuantitativos sobre os extranxeirismos e o tratamento dado aos mesmos nas últimas obras académicas.

____________________________________________________________________________________________________

 portadaLaura

 

La poesía de García de Pedraza y Diego Hurtado de Mendoza

Laura López Drusetta

Vigo, Editorial Academia del Hispanismo, 2018

ISBN: 978-84-16187-82-9

309 páxinas

Laura López Drusetta é autora de varios traballos e artigos centrados na vida e obra de poetas das cortes de Juan II e os infantes de Aragón.

García de Pedraza e Diego Hurtado de Mendoza son dous autores cancioneris cuxos textos nos chegaron únicamente a través do Cancionero de Palacio (SA7), colectánea na que se recolleron as composicións que sonaban na contorna poética de Juan II de Castilla, o seu privado Álvaro de Luna e os infantes de Aragón. Entre os dous media unha importante relación literaria que deixa entrever que deberon ser coetáneos e formar parte do mesmo eido literario.

____________________________________________________________________________________________________

PortadaNieves

Emblemas Moralizadas, Hernando de Soto

Edición y Estudio de José Julio García Arranz y Nieves Pena Sueiro

Palma de Mallorca, José J. de Olañeta, Editor. Colección Medio Maravedí, 2017

ISBN: 978-84-9716-610-2

359 páxinas

Nieves Pena Sueiro, profesora titular de Literatura Española na Universidade da Coruña, adica a súa traxectoria investigadora á literatura e cultura española dos séculos XVI-XVII, centrándose nas liñas de investigación do proxecto Biblioteca Digital Siglo de Oro (do que forma parte dende os seus inicios en 1992, e que agora dirixe): literatura emblemática, relacións de sucesos, e bibliotecas do Século de Ouro.

Emblemas Moralizadas de Hernando de Soto é un fermoso libriño de emblemas que se publicou en Madrid en 1599. Reúne sesenta e un emblemas nos que, con gracia non exenta de tons amargos, denuncianse vicios e enlázase a mitología cos coñecementos naturais e históricos, as referencias bíblicas e a sabiduría popular, todo isto dentro dunha matizada cosmovisión barroca.

____________________________________________________________________________________________________

portada Andrea

Empresas o divisas históricas. Un catálogo basado en fuentes de 1511 a 1629

Andrea Maceiras Lafuente

A Coruña, SIELAE & Society for Emblem Studies, 2017

ISBN 978-84-617-8868-2

464 páxinas

Andrea Maceiras Lafuente, colaboradora externa do grupo HISPANIA, obtivo una bolsa predoutoral FPI no 2010, o que lle permitiu vencellar a súa formación ao proxecto BIDISO (Biblioteca Digital Siglo de Oro). Autora de diversos traballos no campo da Emblemática, colabora asimesmo co equipo que diseñou y elaborou a base de datos Symbola. Divisas o empresas históricas (2017).

As divisas ou empresas (asociación de palabra e imaxe), vencelladas en certo sentido coa Heráldica, son unha importante modalidade da Emblemática. Foron empregadas por reis, cabaleiros e eclesiásticos como forma de ostentación de altos ideais heroicos, amorosos, relixiosos, etc., converténdose nun xénero de grande éxito en toda Europa entre os séculos XV e XVII. Neste libro ofrécese un catálogo de divisas ou empresas que se completa cun estudo con reflexións sobre o xénero e a análise das particularidades da empresa española a partires dos casos recollidos no corpus.

                                                                                                                                          

 Cubierta Emblemas

 

Emblemas morales. Sebastián de Covarrubias

Edición, estudio y notas de Sandra Mª Peñasco González

A Coruña, SIELAE & Society for Emblem Studies, 2017

ISBN 978-84-617-7584-2

764 páxinas

Sandra Mª Peñasco González, colaboradora externa do grupo HISPANIA, doutorouse en Literatura Española pola Universidade da Coruña coa tese que da orixe a este volume. A súa formación como investigadora está vencellada aos proxectos de investigación BIDISO Biblioteca Digital Siglo de Oro II, III y IV, o que deu como resultado varias publicacións sobre relacións de sucesos e emblemas. No eido da edición publicou no ano 2012 unha obra do humanista Bartolomé Leonardo de Argensola, Relación del torneo de a caballo con que la imperial Zaragoza solemnizó la venida de la serenisima reina de Hungría y de Bohemia… año 1630.


A través dos 300 emblemas da obra, Sebastián de Covarrubias denuncia vicios, alaba virtudes, censura a corrupción dos cargos públicos e crítica abusos. Neste volumen non so se ofrece unha coidada edión filolóxica anotada, senon tamén a análise do xénero, as fontes nas que se basea o autor e un estudo sobre o tratamento particular que Sebastián de Covarrubias adica ás partes de cada emblema (mote, pictura, epigrama e a declaración en prosa). A edición e estudo da obra complétase con varios índices e unha ampla bibliografía actualizada.

                                                                                                                                          

cubierta Ignacio

Los primeros pasos de un largo caminar. Los comienzos del Atlas Lingüístico de la Península Ibérica

José Ignacio Pérez Pascual

Cilengua, Fundación San Millán de la Cogolla, 2016

ISBN 978-84-943903-9-5

200 páxinas
 

José Ignacio Pérez Pascual, catedrático de Lengua Española na Universidade da Coruña, é autor de numerosos traballos no ámbito de la lexicografía, a historia da lingua y a crítica textual. Dende o ano 1993 ven participando como investigador principal en varios proxectos de investigación sobre o léxico da vida cotiá, os tecnicismos, o estudo do nacemento do léxico do español contemporáneo, diccionario do español da Idade de Plata, etc. Ademais dirixe e coordina desne 1995 a Revista de Lexicografía e os Anexos da revista, conformados no ano 2006 como unha publicación monográfica ou volume colectivo.


De entre todos os proxectos que naceron ao redor do Centro de Estudios Históricos, o de maior complexidade e mostra de traballo en equipo é o Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, no que colaboran un bo número de investigadores, entre os que desenvolve un papel preferente Tomás Navarro Tomás. A través de materiais de arquivo de diferentes personaxes y organizacións recorremos o camiño que os protagonistas deste proxecto transitaron no pasado e achegámonos ás dificultades e miserias que tiveron que superar.

                                                                                                                                         

Cubierta_Lucia

La poesía de Juan de Torres

Lucía Mosquera Novoa

Alessandria, Edizioni dell´Orso, 2016

ISBN 978-88-6274-680-9

244 páginas


 

Lucía Mosquera Novoa, colaboradora externa do grupo HISPANIA, é Doutora Internacional en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña (2015). O seu labor científico levouse a cabo no marco de varios proxectos de investigación, de ámbito autonómico e nacional, centrados na literatura cancioneril e no Cancionero de Palacio. É autora de varios traballos e artigos que afondan no estudio e na edición da obra de algúns poetas da corte de Juan II e os infantes de Aragón.


Esta edición ofrece a obra de Juan de Torres, poeta e cabaleiro que gozou do favor dos Trastámara e, especialmente, de Álvaro de Luna, co que comparte lazos literarios. Non en balde, a súa poesía atopou gran acollida no Cancionero de Palacio, un dos florilexios que mellor representa o espíritu poético das reunións palacianas da primeira metade do XV; é, despois de Pedro de Santa Fe, o autor do que máis pezas se recollen, mais, fronte ao que ocorre con aquel, os versos de Torrres reflicten á perfección a tónica do cancioneiro en tanto nos aproximan ás modas que triunfaban entón nas cortes áulicas. Da súa pluma chégannos mostras da canción de una vuelta e do decir, pero tamén de formas que terán un maior desenvolvemento na segunda metade do catrocentos (o mote, a esparsa ou o perqué), sen esquecer que a el lle debemos o único lay castelán. Mediante os seus poemas podemos, en definitiva, achegarnos á lírica que sonaba nas celebracións cortesás das que o condestable, quizáis protector seu, era gran afeccionado.

 Acceso a máis publicacións do grupo