Réxime de protección social e aseguramento persoal dos membros do equipo de goberno

O equipo de goberno da Universidade da Coruña esta composto na súa totalidade por persoal funcionario.

No caso do reitor, do secretario xeral e das vicerreitoras e dos vicerreitores trátase de persoal funcionario da Administración civil do Estado, polo tanto do Réxime especial da seguridade social dos funcionarios civís do Estado.

Neste réxime especial existen dous mecanismos de cobertura que se complementan:

  • O réxime do mutualismo administrativo que xestiona a Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE)
  • O réxime de clases pasivas, que xestiona a Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas, que ten as competencia para o recoñecemento dos dereitos pasivos e a concesións das prestacións das clases pasivas (xubilación, viuvez, orfandade)

Desde 01/01/2011 as persoas que adquiren a condición de funcionario da Administración civil do Estado están incluídos de xeito obrigatorio, para os efectos exclusivos de dereitos pasivos, no Réxime Xeral da Seguridade Social.

No caso do xerente, trátase de persoal funcionario da Comunidade Autónoma, polo tanto do Réxime Xeral da Seguridade Social.

En cumprimento das obrigas de transparencia activa publicase o réxime de protección social e aseguramento do reitor:

Reitor: MUFACE con asistencia sanitaria da Seguridade Social