Salvador Naya Fernández

Salvador Naya Fernández

Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia

Bregua, Culleredo. A Coruña (1962)

Catedrático de Estatística e Investigación Operativa do Departamento de Matemáticas. Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (1986) e doutor en Enxeñería Industrial pola Universidade da Coruña (2003).

No ano 1987 comeza a súa actividade docente como profesor agregado de Matemáticas de Bacharelato, e no ano 1994 incorpórase a docencia universitaria na Escola Politécnica Superior de Ferrol (UDC), onde imparte distintas materias da Área de Estatística e Investigación de Operacións nos graos en Enxeñaría Naval e Oceánica e no Grao en Enxeñaría Mecánica. Participa tamén como docente no mestrado en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía (dobre título internacional coa París Diderot) e no interuniversitario das tres universidades galegas en Técnicas Estatísticas. Conta con dúas avaliacións positivas do programa Docentia.

Investigador do grupo MODES, adscrito o Centro Singular CITIC e o ITMATI. A súa investigación abrangue a estimación paramétrica e non paramétrica de curvas, o control estatístico de calidade e os métodos estatísticos en análise térmica e reoloxía. É autor de máis de 120 publiacións, 68 delas son artigos publicados en revistas internacionais de referencia (JCR). Dirixiu 5 teses doutorais e participou en máis de 40 proxectos de investigación e transferencia a empresa.

A súa actividade investigadora foi avaliada positivamente pola CNEAI de maneira ininterrompida desde o ano 2003. Na actualidade ten recoñecidos 3 sexenios de investigación. Conta tamén coa avaliación, coa cualificación de excelente, do programa Docentia. Editor asociado de varias revistas e editor xefe da revista BEIO da Sociedade Española de Estatística e Investigación Operativa. É membro electo do International Statistical Institute (ISI). Premio “Educador do Ano 2013” do Proxecto JLM (Juarez, Lincoln, Martí) pola difusión da Estatística en Latinoamérica.

Foi delegado do Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE) e director da Cátedra Jorge Juan e presidente  e cofundador da spin-off “Nerxus Quality Solutions”.

Na actualidade, dende a súa labor de vicerreitor, é presidente de Bugalicia, do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e da Fundación CITIC. É membro electo da Mesa do Claustro dende o ano 2011.

Equipo

Dolores Pérez Brun

Secretaria

Horacio Naveira Fachal

Adxunto a investigación

Fidel Cacheda Seijo

Adxunto a transferencia