Descrición

GIPED, en colaboración con persoal investigador doutras universidades e cun grupo de mestras e mestres dos últimos cursos de Educación Primaria, elabora un documento audiovisual sobre o MÉTODO DE IMPLEMENTACIÓN DE TAREFAS PARA CASA (MITCA), unha ferramenta educativa orientada á prescripción de deberes escolares de calidade.

Principios

O MITCA (Método de Implementación de Tarefas para a Casa) nace co propósito de converter os deberes escolares nun recurso educativo capaz de mellorar a autorregulación da aprendizaxe e o compromiso escolar dos estudantes. Concretamente, este método tenta que as tarefas para a casa cumpran cinco condicións:

• DIVERSAS. Ademais de tarefas pos-tema e tarefas pre-tema, prescríbense proporcións similares de tarefas de repaso, organización e elaboración.

• CONCRETAS. As tarefas descríbense polo traballo mental que implican e o contido que abordan.

• VALIOSAS. O/a docente transmite a utilidade, interese, importancia e/ou aplicabilidade das tarefas que prescribe para a casa.

• SEMANAIS. As tarefas prescríbense semanalmente e o alumnado establece as franxas horarias para realizalas.

• CORRIXIDAS. As tarefas corríxense todas semanalmente, na aula ou individualmente, diferenciando puntos débiles, mais tamén os puntos fortes.

Texto completo

Transferencia de resultados

En xaneiro de 2022, compartimos o noso método na plataforma de @baleavermella. O debate xerado ao redor dos deberes escolares cos asistentes foi moi proveitoso. De seguido, presentamos algunhas imaxes do evento.