Estadías de investigación

Xaneiro de 2023

A nosa compañeira do GIPED Carolina Rodríguez Llorente acaba de inciar a súa estadía de investigación na Kyoto University (Kioto, Xapón) baixo a supervisión do Prof. Dr. Emmanuel Manalo. Durante tres meses, Carolina traballará nesta institución na súa Tese de Doutoramento e noutras labores de investigación. A estadía está parcialmente financiada por unha das Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas (GPC) da Consellería de Educación da Xunta de Galicia concecida ao Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa (GIPED).

Kyoto_University_logo.svg

 

Maio de 2022

A nosa compañeira do GIPED, Fátima María Díaz Freire, acaba de inciar a súa estadía de investigación na Ghent University (Gante, Bélxica) baixo a supervisión do Prof. Dr. Martin Valcke. Durante tres meses, Fátima traballará nesta institución na súa Tese de Doutoramento. A estadía está financiada por un contrato predoutoral da Xunta de Galicia.

Logo_Universidad_de_Gante

 

Marzo de 2022

A nosa compañeira do GIPED, Tania Vieites Lestón, acaba de inciar a súa estadía de investigación na Aristotle University of Thessaloniki (Tesalónica, Grecia) baixo a supervisión da Profa. Dra. Eleftheria S. Gonida. Durante tres meses, Tania traballará nesta institución na súa Tese de Doutoramento. A estadía está financiada por un contrato predoutoral FPI.

14.-Auth

 

Febreiro de 2022

A nosa compañeira do GIPED, Rocío González Suárez, acaba de inciar a súa estadía de investigación na Kennesaw State University (Xeorxia, Estados Unidos) baixo a supervisión do Prof. Dr. Iván M. Jorrín Abellán. Concretamente, Rocío traballará na súa Tese Doutoral durante tres meses no Interactive Research Methods Lab do BCOE Research ConsortiumBagwell College of EducationA estadía está financiada por unha axuda para estadías predoutorais Inditex-UDC 2021.

Kennesaw

 

Maio de 2021

A estudante predoutoral do GIPED, Tania Vieites Lestón, vén de completar unha estadía de investigación na Escola de Psicologia da Universidade do Minho (Braga, Portugal). A estadía, que tivo lugar entre os meses de maio e xullo, estivo supervisada polo Prof. Dr. Pédro Rosário, investigador principal do Grupo Universitário de Investigação em Autorregulação (GUIA). Durante este tempo, Tania disfrutou da oportunidade de traballar xunto cos integrantes deste equipo de investigadoras e investigadores. A estadía estivo financiada por unha axuda para estadías predoutorais Inditex-UDC 2021.

uminho_psicologia

 

 

 

 

Maio de 2019

Seguindo os pasos das súas compañeiras, Carolina Rodríguez Llorente, membro do GIPED, desenvolveu unha estadía predoutoral de investigación na Escola de Psicologia da Universidade do Minho (Braga, Portugal) entre os meses de maio e xullo. Baixo a supervisión do Prof. Dr. Pedro Rosário, un dos principais colaboradores de GIPED, Carolina tivo a oportunidade de afondar na súa Tese Doutoral no seo do GUIA, o equipo de investigación do cal é director o Prof. Dr. Rosário. A estadía estivo financiada por unhaa axuda para estadías predoutorais Inditex-UDC 2019.

uminho_psicologia

 

 

 

 

Outubro de 2016

Iris Estévez, membro do GIPED, vén de completar a súa estadía predoutoral de investigación na Escola de Psicologia da Universidade do Minho (Braga, Portugal), supervisada polo Prof. Dr. Pedro Rosário, un dos investigadores máis prolíficos no eido dos deberes escolares. A estadía estivo financiada por unha axuda para estadías predoutorais Inditex-UDC 2016.

uminho_psicologia

 

 

 

 

Agosto de 2016

Bibiana Regueiro, membro do GIPED, vén de finalizar a súa estadía predoutoral de investigación no Hector Research Institute of Education Sciences and Psychology da Universidade de Tübingen (Alemaña), supervisada polo Prof. Dr. Ülrich Trautwein.

logo-uni-tuebingen

 

 

 

 

Xaneiro de 2016

Bibiana Regueiro, membro do GIPED, acaba de rematar unha estadía de investigación concedida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de dous meses de duración na Universidade Johns Hopkins (EE.UU.) baixo a supervisión da Prof. Dra. Joyce L. Epstein, Directora do Center on School, Family, and Community Partnerships e do National Network of Partnership Schools (NNPS).

Bibiana_EEUU