GAUS e o acrónimo de grupo de Arquitectura e Urbanismo Sostible, composto por profesores con docencia na ETSAC pertencentes aos Departamentos de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo e de Representación e Teoría Arquitectónicas.
O seu ámbito de investigación repartese entre as seguintes liñas de traballo:
- A construción da Galicia urbana
- Os espazos cotiáns: a casa e o lugar
- A ordenación e a planificación territorial e espacial a través do análise de equipamentos deportivos
- A perspectiva de xénero nos estudios e no exercicio da Arquitectura
- Restitución gráfica do patrimonio construído
Palabras chave:
- Xénero e arquitectura
- Levantamento gráfico, patrimonio monumental, patrimonio construído, patrimonio etnográfico
- Urbanismo; Planeamento; Galicia; Cidade; Urbano; Casa; Lugar; Habitabilidade; Paisaxe; Ordenación; Territorio
- Deporte; Equipamento