Videoconferencia gravada

Videoconferencias

 A presentación realízase conxuntamente para as titulacións:

Grao en Dereito
Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresa e o Grao en Dereito

Breve descrición

O Grao Bilingüe en Relacións Internacionais está dirixido a estudantes con vocación internacional que queiran recibir unha formación integral e interdisciplinaria para poder traballar tanto en entidades públicas como privadas, tanto en España como no estranxeiro.
Desde unha perspectiva xeral, perséguese unha formación en transversal e multidisciplinar que persegue formar ao estudante en ámbitos de política internacional, de economía global, de dereito internacional ou de relacións internacionais para poder analizar con precisión os problemas e desafíos da sociedade internacional contemporánea e expor con rigor alternativas de resposta ou de adaptación.
Desde unha perspectiva particular, os estudantes contarán coa oportunidade de especializarse nos dous últimos anos a través de dúas mencións, unha sobre cooperación internacional para o desenvolvemento, e outra sobre xestión de proxectos e negocios internacionais.
Ademais, complementarase a formación do estudante con capacidades lingüísticas e tecnolóxicas que lle permitan desempeñar con solvencia a súa actividade profesional nunha contorna internacional.
O Grao Bilingüe en Relacións Internacionais está chamado a converterse na titulación de referencia para a formación de
internacionalistas en Galicia e a súa contorna, ao tratarse dunha titulación única en todo o noroeste de España. O seu carácter interuniveristario como titulación conxunta da Universidade da Coruña e da Universidade de Vigo, así como o gran respaldo que obtivo grazas ao apoio de máis de trinta empresas, organizacións internacionais e outras entidades públicas e privadas, nacionais e internacionais, fan do novo Grao Bilingüe en Relacións Internacionais una das opcións máis atractivas do panorama universitario.
Número de prazas ofertadas (*): 23 no Campus de Ferrol (UDC) e 22 no Campus de Ourense (UVigo). Preinscrición independente para cada campus.
Requisitos de acceso: acreditación dun nivel
B1 de inglés.
Para obter máis información pódese contactar co seu coordinador na UDC: felix.puime@udc.es

Vídeos

Presentación curta do centro 
Aquí atoparedes unha breve descrición da Facultade de Humanidades e Documentación e as titulacións que nela se imparten

Conversas co alumnado do centro

Facultade de Humanidades e Documentación