Xornadas de Portas Abertas na Universidade da Coruña - Xuño 2019

A Universidade da Coruña (UDC) abre as portas de varios dos seus centros, tanto na Coruña como en Ferrol, aos futuros estudantes e as súas familias, coa fin de que coñezan de primeira man todo o que a UDC lles pode e quere ofrecer, tanto nas sesións informativas sobre as súas titulacións como nas visitas guiadas ás instalacións: aulas, laboratorios, bibliotecas.

Nestas Xornadas comentaranse as vantaxes de estudar titulacións únicas no Sistema Universitario Galego. En cada Centro participante, incidirase nas saídas profesionais das súas titulacións, nas expectativas laborais, na posibilidade de mobilidade do seu alumnado e nas instalacións coas que contan para conseguir unha formación integral.

Nestas primeiras Xornadas están implicados directamente os equipos directivos e persoal de cada centro para que o futuro estudante e as súas familias poidan recibir información directa sobre todo aquilo que configura os aspectos relacionados coa vida universitaria e en resolver eventuais dúbidas, nun clima próximo e distendido.

Lembra que podes ver toda a oferta académica e la vida universitaria que ofrece a UDC en: FUTUROS ESTUDANTES

Campus da Coruña

Sábado 22.06.2019 de 11:00h a 14:00h

A xornada contará con mesas informativas sobre os estudos de Arquitecto, único no Sistema Universitario Galego, nelas encontrarán respostas para as preguntas que pode formularse o alumnado sobre o seu futuro universitario.

O ambiente será festivo para o estudantado e as súas familias.

Máis información: http://etsa.udc.es/web/?p=27511 - Estudar Arquitectura na ETSAC

Escola Técnica Superior Arquitectura (ETSA)

Campus A Zapateira- A Coruña

Localización: https://www.udc.es/gl/sobreUDC/localizacion/corunha/zapateira/et_arquitectura/

Sábado 22.06.2019 de 10:00h a 13:00h

Durante esta xornada realizaranse presentacións da oferta académica de forma continua e individualizada para estudantes e familiares que queiran coñecer o Grao en Tecnoloxía da Enxeñería Civil e o Grao en Enxeñería de Obras Públicas e as súas saídas actuais.

Ademais, haberá a posibilidade de visitar as aulas e os laboratorios da Escola de Camiños e de visitar en grupos o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC), punteiro nas investigacións no eido da Enxeñería Civil a nivel internacional.

Máis información: http://www.agrupacionciteec.udc.es/2019/06/22/xornada-de-portas-abertas-22-xuno-2019/

Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos (ETSECCP)

Campus Elviña – A Coruña

Localización: https://www.udc.es/gl/sobreUDC/localizacion/corunha/elvinha/et_caminos/

Sábado 22.06.2019 de 11:00h a 13:00h

A xornada contará cunha recepción e presentación na Aula Magna a cargo do director da Escola da situación actual da EUATAC e do Presidente do Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos sobre as saídas profesionais e expectativas laborais. As posibilidades de intercambio en programas SICUE e ERASMUS. Descrición das intalacións e medios do Centro.

Un exalumno contará a súa experiencia académica e laborais para finalizar cun coloquio e unha visita guiada polo edificio.

Más información e incscrición: http://euat.udc.es/es/noticias/769-1-jornada-de-puertas-abiertas-euatac 

Díptico informativo do grao en Arquitectura Técnica

 

Escola Universitaria de Arquitectura Técnica (EUAT)

Campus da Zapateira - A Coruña

Localización: https://www.udc.es/gl/sobreUDC/localizacion/corunha/zapateira/eu_arq_tecnica/

Campus de Ferrol

Luns 17.06.2019 as 16:00 h.

Xornada de portas abertas na que se presentará oficialmente o Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación (GXDID). Contará coa presencia de:

Antonio Prado, xefe de Documentación de NEWTRAL, a startup de contido audiovisual fundada pola periodista Ana Pastor e que traballa na producción de programas de televisión e novas narrativas en redes sociais e na innovación no periodismo a través do fact-checking (verificación de datos). Falará da gran importancia da xestión da información e as tecnoloxías de información na sociedade dos próximos años.

Nieves R. Brisaboa, catedrática de LInguaxes e Sistemas Informáticos da UDC, recentemente galardonada co premio nacional de informática Ángela Ruiz Robles, concedido pola Sociedad Científica Informática de España (SCIE) e a Fundación BBVA, falará da súa extensa experiencia no campo das Humanidades Dixitais.

A continuación, o coordinador da titulación Miguel Rodríguez Luaces, presentará o plan de estudos e abrirase o debate entre os poñentes e o público asistente.

Finalizará  cunha visita ás instalacións da Facultade.

Máis información: https://humanidades.udc.es/estudos/gdid/puertasabiertas 

Facultade de Humanidades e Documentación

Campus de Esteiro - Ferrol

Localización: https://www.udc.es/gl/sobreUDC/localizacion/ferrol/esteiro/f_humanidades/

Venres 21.06.2019

Mañá: de 09:30 h. a 13:00 h. -- Tarde: de 16:00 h. a 19:30 h.

A xornada incluirá unha visita ás instalación e laboratorios da Escola Politécnica Superior. As visitas están divididas en dúas quendas: De 09:30h a 13:00h e de 16:00h a 19:30h.

A inscrición está aberta a grupos ou visitas individuais. A visita estará orientada a aquel alumnado interesado en cursar unha titulación no ámbito da enxeñaría ou titulación técnica. Opcionalmente ás 16:00h se efectuará unha visita a EXPONAV. 

Máis información e inscriciónhttp://eps.udc.es/wp-content/uploads/2019/03/Puertas-abiertas-_21_06_19_V4.pdf

Escola Politécnica Superior

Campus de Esteiro - Ferrol

Localización: https://www.udc.es/gl/sobreUDC/localizacion/ferrol/esteiro/e_politecnica/