Visita ao campus de Ferrol

A continuación pode ver a oferta de actividades para visitar o Campus de Ferrol no curso 2019/2020

Percorrido por centros no Campus de Ferrol

  • Destinado ao alumnado de bacharelato e de ciclos formativos de grao superior.
  • Desenvolvese polos distintos centros do Campus de Ferrol distribuido o alumnado polas ramas de coñecemento da súa elección.
  • Durante a visita en cada centro daráselle ao alumnado información dos distintos graos que se imparten nel, o desenvolvemento da vida universitaria e ensinaranselle as instalacións (aulario, laboratorios,....) que estarían á súa disposición.
  • Visitas: os venres do 13 de marzo de 2020 ao 29 de maio de 2020

Revise o Percorrido e Solicite aquí a Visita

Percorrido aos centros de investigación

Este centro de investigación está situado no campus de Ferrol.

Os laboratorios a visitar son seis: Canal de Ensaios, Plásticos, Láser, Combustibles, Química, Mecánica de Fluídos.

Pódense adaptar as visitas aos laboratorios segundo a especialidade e a rama de coñecemento do estudantado. Visitas aos laboratorios

    Visitas para o alumnado de:

  • 3º e 4º curso da ESO, bacharelato e ciclos formativos de grao superior.

número de xornadas: dúas por día
duración de cada xornada: 01:30 horas
horario de: 10:30 a 12:00 horas e de 12:00 a 13:30 horas
máximo de asistentes por xornada: 60/75

Solicitude da visita a través do correo electrónico sape.difusion@udc.es

Percorrido á Clínica Podolóxica 

  • Visitas: os luns de febreiro e marzo de 2020
  • Destinada ao alumnado de 3º e 4º curso da ESO, bacharelato e ciclos formativos de grao superior.
  • A duración será aproximadamente dunha hora entre as 09:00 e as 13:00 horas para un máximo de 20/25 alumnos/as.
  • Solicitude a través de correo electrónico: sapefer@udc.es