O estudantado de bacharelato e de ciclos formativos de grao superior.
Coas actividades que se detallan a continuación pretendemos que o futuro estudante universitario coñeza, de primeira man, os títulos de grao que se imparten na Universidade da Coruña.
A UDC ten unha ampla oferta de charlas/obradoiros, en liña e presenciais, de divulgación científica coa que, profesorado e investigadores, achegarán ao voso alumnado, de xeito ameno e diferente, a ciencia e a investigación que se desenvolve na nosa universidade.
Neste programa profesorado da UDC visitará o seu centro e impartirá unha charla presencial sobre a Universidade, as titulacións de grao, as bolsas e a vida universitaria.
Descobre o teu futuro nas nosas Xornadas de Portas Abertas!
Vén a coñecer a nosa universidade os días 10 e 11 de abril de 2025 en horario de tarde.
Explora as nosas instalacións, coñece en detalle a nosa oferta académica e sumérxete na vida universitaria a través de encontros co profesorado e estudantado, que te guiarán en visitas e actividades deseñadas para que vivas a experiencia de primeira man.
Recibirás un agasallo especial: unha bolsa exclusiva da UDC. Esperámoste!
Os Centros de Investigación, de referencia nacional e internacional, abren as súas portas para que o voso alumnado poidan coñecer, dende dentro, que investigación se fai na UDC.
Os Institutos Universitarios da UDC abren as súas portas para que o voso alumnado poida coñecer as actividades que desenvolven.
No marco do Programa de Difusión da Oferta Académica dos Graos que se imparten na Universidade da Coruña (UDC) #EFECTO UDC, comprácenos invitalo/a a participar na Xornada co persoal dos Departamentos de Orientación, que terá lugar o xoves 20 de febreiro de 2025, na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas.
Temas a tratar:
A asistencia pode ser presencial ou virtual. Se realiza a súa inscrición para asistir virtualmente á Xornada, os días previos recibirá un correo electrónico coa ligazón para unirse á reunión vía Teams.
Pode inscribirse ata o mércores,12 de febreiro no seguinte formulario.
Para calquera consulta pode dirixirse a: sape.difusion@udc.gal
Este concurso está destinado ao alumnado de ESO, Bacharelato e de Ciclos Formativos de grao medio e superior.
O obxectivo da presente Olimpíada de "Enxeñaría na Edificación - Arquitectur Técnica: Construíndo con Enxeño" é a promoción da cultura científica, da tecnoloxía e da innovación, entre o alumnado dos niveis educativos mencionados, co obxectivo de despertar vocacións entre os escolares e interese polo ámbito tecnolóxico e enxeñaril da Edificación.
Na súa V edición, esta OLIMPÍADA propón o desenvolvemento dun proxecto no que se debe abordar a recuperación dun edificio en desuso, co obxectivo de promover a a sostenibilidade e a economía circular na edificación, fomentando a sensibilidade e o respeto polo medio ambiente e polos métodos tradicionais de construción.
En cada un dos niveis académicos, o equipo que maior puntuación obteña no ámbito galego, segundo os criterios de valoración establecidos, pasará á final nacional.
Neste documento atópase toda a información sobre o concurso:
Bases da convocatoria da V Olimpíada
Fase I: Inscrición. Data límite o 31 de xaneiro de 2025
Ampliación prazo de inscrición ata o sábado 15 de febreiro de 2025 (ás 23.59h)
Formulario de Inscrición*: https://forms.office.com/e/X39DjnAnrY
*Habilitarase a partir do 10 de xaneiro de 2025.
Nesta sección resaltarémoslle recursos que a UDC pon ao seu dispor e á dos seus alumnos e alumnas, para axudarlles tanto no seu inicio na Universidade como durante todo o resto da súa estadía.
O STEMbach ou Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, pensado tanto para a modalidade de Humanidades como para a de Ciencias e creado ao abeiro da Estratexia galega para a educación dixital, promove a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica e permite unha conexión directa co ensino universitario.
Calquera outra dúbida será atendida a través do correo de contacto da coordinación STEMbach na UDC: stembach@udc.gal