Futuros estudantes

A Universidade da Coruña (UDC)  é unha universidade pública que conta con facultades, escolas e centros de investigación repartidos entre os campus da Coruña e Ferrol que están integrados nas áreas urbanas ou de acceso rápido, perfectamente conectados co transporte público.

Esforzámonos por innovar continuamente a proposta educativa e poñer ao voso alcance novas ferramentas, deseñadas para mellorar a vosa formación e empregabilidade.

Ofrecemos máis de 40 graos punteiros e de calidade. Entre eles hai 1 bilingüe inglés/español, 8 que imparten itinerarios en inglés, 4 dobres graos internacionais, 7 son programas de simultaneidade de grao e 1 é compartido coa Universidade de Santiago de Compostela.

Poderedes continuar connosco se elixides algún dos máis de: 60 Másteres, 30 programas de Doutoramento e 30 programas de Estudos propios.

Marcar a diferenza na formación, na profesión e na sociedade é o obxectivo da UDC.

Achégate á UDC

A visita aos campus da Universidade da Coruña ten como destinatario o alumnado de 4º da ESO, do bacharelato e dos ciclos formativos de grao superior.
Con estas actividades pretendemos que o futuro estudante universitario coñeza, da man do noso profesorado e alumnado, os títulos de grao que se imparten na Universidade da Coruña.

Máis información para orientadores

BOLSAS, AXUDAS E PREMIOS

Ver máis

ALOXAMENTO

Ir a

TRANSPORTE

Ir a

VIDA NO CAMPUS

Ir a