Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Xornadas de Orientación Laboral

 

Esta é a relación de actividades desenvolvidas nas Xornadas de Orientación Laboral do centro desde 2005:

 

• Xornada de Orientación Laboral 2017/18 (17 outubro 2017)

    · Xavier Campos: Os estudos de Letras na xestión da Cultura
    · Rosa Villar Mouro: As prácticas remuneradas
    Máis información

 

• II Xornada de Orientación Laboral 2016/2017 (5 de maio) e Sesión informativa sobre prácticas dos graos

  • Título: "Abre a porta ao mundo laboral: Ensinanza de español LE no exterior".
  • Relator participante: Félix Córdoba, profesor universitario e ex responsábel do Instituto Cervantes en Bratislava (Eslovaquia).
  • Cartaz

• I Xornada de Orientación Laboral 2016/2017 (8 de novembro) e Sesión informativa sobre prácticas dos graos

  • Título: "Abre a porta ao mundo laboral: Consultoría cultural e Formación no uso de tecnoloxías na docencia".
  • Relatora participante: Táti Mancebo, de Algueirada Sociedade Cooperativa Galega.
  • Cartaz

• II Xornada de Orientación Laboral 2015/2016(3 de marzo)

  • Título: "Define o teu perfil: Prácticas internacionais desde a UDC".
  • Relatora participante: Sandra King, coordinadora de mobilidade da Oficina de Relacións Internacionais da UDC.

• I Xornada de Orientación Laboral 2015/2016 (28 de outubro) e Sesión informativa sobre prácticas dos graos

  • Título: "Profesións para filólog@s: tradución e videoxogos".
  • Relator participante: Emilio Lancho Frango, tradutor de videoxogos.

• II Xornada de Orientación Laboral 2014/2015 (4 de marzo).

  • Título: "Profesións para filólog@s: traballando coa comunidade xorda na aprendizaxe de linguas desde idades temperás".
  • Relatora participante: Ana Vázquez, logopeda da Asociación Coruñesa de Promoción del Sordo (ACOPROS).

• I Xornada de Orientación Laboral 2014/2015 (29 de outubro).

  • Título: "Profesións para filólog@s: desde a contorna á Comisión Europea".
  • Relatores participantes: Xavier Alcalá, xefe do Gabinete para as relacións científico tecnolóxicas da UDC e impulsor da participación de empresas e institucións en proxectos de investigación e innovación europeos, e Laura García Castiñeira, do Departamento de Comunicación da Fundación Abanca .

• Xornadas de Orientación Laboral 2013/2014 (30 de abril).

  • O mércores 30 de abril celebrouse unha charla baixo o título "Profesións para filólog@s: empresas de ocio educativo". Nela participou Marina Filgueira Filgueira, directora de TWIST, Gestión de ocio educativo, SL.

• Xornadas de Orientación Laboral 2012/2013 (13 de marzo).

  • O mércores 13 de marzo desenvolveuse unha mesa redonda baixo o título "Filólogos e empresa". Nela participaron Maite Vence Fernández (de FAZ. Cultura e Desenvolvemento: empresa de consultaría estratéxica) e Isaac González López (de CILENIS, empresa de tecnoloxía lingüística).

• Xornadas de Orientación Laboral 2012 (7 e 14 de marzo, 2 de maio).

  • O mércores 7 de marzo de 2012 desenvolveuse unha mesa redonda baixo o título "Que facer ao acabar a carreira?", en que participaron os profesores Begoña Crespo, Félix Córdoba e Roberto López-Iglesias Samartim.
  • O mércores 14 de marzo, técnicos do Servizo de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego (SAEE) participaron nunha charla baixo o título “As posibilidades do autoemprego“.
  • O 2 maio, nunha terceira xornada, celebrouse a mesa redonda "Profesións para filólogos", en que participaron Cristina Gomis Parada (licenciada en Filoloxía Galega e fundadora da cooperativa Tagen Ata) e Olga Mª Álvarez Iglesias (ex-alumna do Mestrado en Lingua e Usos Profesionais e empregada de NETEX).

• Xornadas de Orientación Laboral 2011 (19 de xaneiro e 30 de abril).

  • Desenvolveuse unha actividade baixo o título "Orientación laboral e autoemprego para o estudantado de Filoloxía", na que participou persoal do Servizo de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego da Universidade da Coruña.
  • Baixo o título de “Novas profesións para filólogos”, participaron Castor Felípez, auxiliar de voo; Raquel Moreno, asesora lingüística do programa televisivo PASAPALABRA e Samuel Lema, emprendedor en deseño e literatura da empresa TINTA DE LURA.

• Xornadas de Orientación Laboral 2010 (6 de maio e 28 de abril).

  • Baixo o título de “Filoloxía e Novas Tecnoloxías“, participaron Jessica Maceiras, de NETEX; José Ramón Pichel Campos, de IMAXIN Software e Miguel Ángel López, de KOINÉ DIGITAL.
  • O 28 de abril desenvolveuse unha mesa redonda ao redor da experiencia dalgúns estudantes do Mestrado en Lingua e Usos Profesionais, na que participaron membros da empresa GALEBOOK.

• Xornadas de Orientación Laboral 2009 (27 de maio).

  • Contamos coa participación de José Luís López Quesada Agulló, Director Xeral de Linguaserve, coa poniencia: “La profesión de filólogo en una empresa GILT”.

• Xornadas de Orientación Laboral 2008 (30 abril e 7 de maio).

  • Baixo o título de "Filólogos emprendedores", participaron nelas os licenciados Antón Lado, de Reverso Servizos Lingüísticos, e M. do Carme Mancebo López, de ALGARADA.
  • Baixo o título de "Outras saídas profesionais", desenvolveuse unha presentación dos profesores Félix Córdoba e Mª Jesús Cabarcos.

• Xornadas de Orientación Laboral 2007 (7 e 21 de marzo).

  • Estas xornadas acolleron os relatorios “O traballo lingüístico na organización empresarial”, do Prof. Dr. Andreas Müller, da Merkur Internationale FH Karlsruhe (Alemaña).
  • “O primeiro emprego”, de Francisco Sanjurjo, Técnico do Servizo de Orientación Laboral da UDC.

• Xornadas de Orientación Laboral 2006 (23 e 25 de maio). Inauguradas por Luis Barral Losada, Vicerreitor de Ferrol e Relación Universidade-Empresa, as Xornadas de Orientación Laboral do ano 2006 foron organizadas en dous módulos:

  • "A Filoloxía no eido da comunicación", ao coidado de Ana Cermeño, xefa de produción da TVG; Luz Méndez, lingüista de programas de produción propia na TVG e Anxo Quintela, xornalista e escritor.
  • "Á procura do primeiro emprego", ao coidado de Mónica Estévez, Licenciada en Filoloxía Inglesa na UDC; Mario Herrero, Licenciado en Filoloxía Hispánica na UDC; María Ruibal, Axente do Servizo de Autoemprego da UDC e Francisco Sanjurjo, Técnico do Servizo de Orientación Laboral da UDC.

• Xornadas de Orientación Laboral 2005 (3 e 4 de maio). Inauguradas por Manuel Peralbo Uzquiano, Vicerreitor de Calidade e Harmonización Europea da Universidade da Coruña, as Xornadas de Orientación Laboral do ano 2005 foron organizadas en dous módulos:

  • “Aplicacións da Filoloxía no Mundo Empresarial“, ao coidado de Javier García Tobío, director do CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia); Xosé Manuel Barreira Díaz, director de Filmax-Galicia e Carmen Alonso, consultora de Imantia (empresa de formación de directivos)
  • “Saídas Profesionais para as Licenciaturas de Filoloxía“, ao coidado de Sandra Faginas Souto, Licenciada en Filoloxía Hipánica e lingüista do departamento de control de calidade de La Voz de Galicia; Mª José Rodríguez Malmierca, Licenciada en Filoloxía Inglesa e administradora de e-learning do CESGA; Cristina Gomis Parada, Licenciada en Filoloxía Galega e fundadora da cooperativa Tagen Ata, lingua e comunicación; Silvana Castro García, bolseira do Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor e Marta Martínez Traba, axente do Servizo de Autoemprego da UDC.