Benvidas e benvidos á Facultade de Ciencias da Saúde, centro universitario da Universidade da Coruña, orientado á educación superior na rama científica de Ciencias da Saúde.
A nosa Facultade conta con diversas titulacións universitarias oficiais, especializadas na adquisición de coñecementos e a formación práctica, en diversos eidos da promoción da saúde e do benestar social. Na etapa educativa de Grao, impártese o Grao en Terapia Ocupacional, profesión sanitaria e social especializada nas actividades cotiás significativas do ser humano (ocupacións) e clave para o desenvolvemento da autonomía personal e da calidade de vida do conxunto da cidadanía. Esta titulación foi recoñecida a nivel internacional, en 2022, pola Federación Mundial de Terapeutas Ocupacionais (WFOT).
A Facultade de Ciencias da Saúde aposta pola formación avanzada de calidade, a innovación e a investigación, no contexto do Espazo Europeo de Educación Superior, a través dunha oferta curricular moi ampla, que inclúe, nos niveis de posgrado, un total de tres titulacións oficiais de Mestrado Universitario (Mestrado en Asistencia e Investigación Sanitaria, Mestrado en Xerontoloxía e o European Master in Science in Occupational Therapy), tres programas oficiais de Doutoramento e Títulos propios de Posgrao.
Como parte da comunidade universitaria da nosa Facultade, en nome do persoal docente e investigador, alumnado e persoal de administración e servizos do centro, recibe a nosa benvida.
Un cordial saúdo,
Iván De Rosende Celeiro
Decano da Facultade de Ciencias da Saúde