O artigo 4.5 do Acordo de clasificación profesional e condicións de traballo do persoal contratado ao abeiro da Lei 14/2011, do 7 de xullo, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación (persoal contratado para tarefas de investigación PCTI), establece que as persoas responsables ou IP das unidades ou proxectos onde traballe o PCTI poderán decidir sobre a pertinencia ou non do teletraballo e a súa extensión.
Deberase cubrir a Declaración responsable e remitila a pcti.exi@udc.gal.