Mobilidade

Programas de desprazamentos nacionais e internacionais por razóns de estudo

Coordinador académico EUP

Héctor Quintián Pardo

Despacho 300

Coordinadora administrativa

Ana Pérez Ramos

Oficina de Relacións Internacionais - Ferrol

Erasmus+  é un programa da Unión Europea de axudas financeiras para os integrantes da comunidade universitaria, alumnos e persoal docente e de administración, a fin de fomentar a mobilidade de estudantes e a cooperación internacional no ámbito do ensino superior en toda a Unión Europea, ademais de progresar na transparencia e recoñecemento académico total entre os estudos e sistemas de cualificacións de todas as universidades da Unión Europea. 

Erasmus+ para estudantes

En que consiste?
Para poder participar nun intercambio Erasmus é necesario que exista un acordo previo entre ambas as universidades, devandito acordo define as Escolas/Facultades que participan, o número de estudantes e a duración dos intercambios. 

Desta forma, o programa Erasmus+ dáche a oportunidade de pasar un importante período de estudos noutro país e obter un recoñecemento académico dos estudos que se realizas na EUP e por tanto na Universidade da Coruña. Este recoñecemento farase de acordo co learning agreement (acordo de estudos) e a táboa de equivalencias de materias dos plans de estudos das universidades de orixe e destino, que o coordinador de relacións internacionais da EUP debe aprobar previamente.

Que ofrece Erasmus?

O proposito da Bolsa Erasmus non é financiar integramente a estancia no país de destino. A súa finalidade é a de poder financiar a viaxe e a diferenza do nivel de vida entre o país de orixe e o de destino. A bolsa Erasmus é incompatible con outras bolsas que proveñan da UE, aínda que é perfectamente compatible coas que o alumno poida recibir doutras institucións como as Bolsas de matrícula do Ministerio, da Xunta de Galicia, etc.

O estudante abona o importe da matrícula na universidade de orixe e goza de matrícula gratuíta na universidade de acollida, onde ten os mesmos dereitos e servizos que os estudantes locais, en igualdade de condicións. A universidade receptora deberá facilitar a información necesaria sobre os estudos ofertados, as posibilidades de aloxamento e os procedementos de inscrición.

Ademais, os alumnos que participen nun programa de intercambio académico recibirán de forma gratuíta un curso intensivo de formación no idioma requirido pola universidade de destino.

Erasmus+ para o persoal da universidade

Programa de intercambio SICUE

SICUE é un programa de mobilidade nacional que permite que un estudante universitario realice parte dos estudos nunha universidade española distinta á súa, con garantías de recoñecemento académico, aproveitamento e adecuación ao seu perfil curricular.

O Programa SICUE é un sistema de intercambio, non unha bolsa. Adoitaba estar apoiado polas bolsas SENECA do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, pero desde o curso 2013-2014 non foron convocadas polo Ministerio.

 

Acceso á convocatoria para o programa de intercambio SICUE para o curso 2019/2020

 

Coordinador SICUE na EUP

Isabel Fernández Ibáñez

Subdirección de Infraestruturas e Relacións Exteriores