Traballos fin de máster

Nesta páxina poderás atopar toda a información para a solicitude e desenvolvemento do Traballo fin de Máster (TFM).

Aquí atoparás a documentación relativa ao TFM como o Regulamento do TFM do Máster en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético, prazos e calendarios de lectura e plantillas para a realización do mesmo.

En canto a plantilla para a realización do TFM, se o mesmo ten carácter científico, está dispoñible o plantilla LaTeX desenvolvida polo profesor Dr. Vicente Suárez Peñaranda, mentres que se é un traballo de carácter técnico está dispoñible a plantilla LaTeX de TFG a cal haberá que modificar axeitadamente para a súa utilización como TFM (portada, códigos, etc.).