Traballos fin de grao

Nesta páxina poderás atopar toda a información para a solicitude e desenvolvemento do Traballo fin de Grao (TFG).

Para o desenvolvemento do TFG tes unha guía cos requisitos que debe de cumprir o mesmo. O ficheiro é un documento Word cuxo formato cumpre co establecido na guía, polo que se pode empregar como plantilla para a redacción da memoria. Ademais, existe unha plantilla, desenvolvida polo profesor Dr. Vicente Suárez Peñaranda, para a elaboración e exposición do TFG en LaTeX. No devandito documento, ademais das plantillas, incorpórase un ficheiro chamado "Instrucións.pdf" que recolle as instrucións para utilizar a plantilla. Tamén se incorpora o ficheiro "Manual.pdf" que contén a documentación necesaria para escribir o TFG en LaTeX.