Preinscrición curso 2025-2027

PRAZOS

Preinscrición: Dende o 21 de marzo ata o 30 de abril de 2025

Proceso de selección: 05 de maio ó 13 de xuño de 2025

Listaxe provisional de admitidos/as: 18 de xuño de 2025.

NÚMERO DE PRAZAS

15 participantes por curso.

IMPORTE

Matrícula Ordinaria: 1000€/curso (becado pola Fundación ONCE)

DURACIÓN

1900 horas (76 ECTS) do programa académico 

  • Primeiro curso: 950 h: 38 créditos ECTS de formación teórica, 7 créditos ECTS con obradoiros formativos, e 7 créditos de prácticas.
  • Segundo curso: 950 h: 38 créditos ECTS de formación teórica, 7 créditos ECTS con obradoiros formativos, e 7 créditos de prácticas.

HORARIO

Docencia: Luns a xoves, de 9:00 a 14:00 horas. Obradoiros, os venres de 9:30 a 13:30

Titorías e Servizos de Apoio: luns a xoves, de 16:30 a 19:00 horas.

WEBINAR INFORMATIVO

Levarase a cabo unha charla informativa online para presentar as características do programa Espazo Compartido e aclarar todas as dúbidas sobre o proceso de presinscrición e selección.

  • Data: Pendente de confirmar.
  • Plataforma: Microsoft TEAMS (acceso a través de calquera navigador web)

Proceso de preinscrición

As persoas interesadas en formar parte do curso de formación ‘Espazo Compartido’ e/ou os seus representantes legais, deberán completar o formulario de preinscrición, imprimilo e presentalo xunto con toda a documentación acreditativa no rexistro da Reitoría, (situado no edificio da Reitoría- Rúa da Maestranza 9 15001, A Coruña), ou no rexistro da Vicerreitoría do Campus de Ferrol (Rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n, Campus de Esteiro 15403, Ferrol).

Ligazón ó formulario de inscrición: https://forms.office.com/e/WHKV3VDgam?origin=lprLink 

DOCUMENTACIÓN

O xustificante deberá acompañarse da seguinte documentación:

  • Fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros ( NIE) da persoa interesada.
  • Fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI) do representante legal, de ser o caso.
  • Fotocopia do Expediente Académico (Certificado de Estudos do último título oficial cursado).
  • Certificado de discapacidade completo e actualizado.
  • Declaración responsable de que a persoa interesada presenta unha conduta social axustada e non presenta problemas significativos de saúde mental (solicitar o documento por correo electrónico).
  • Copia da tarxeta de demanda de emprego da persoa solicitante.
  • No caso de ter modificada a capacidade xurídica da persoa interesada, deberán achegar unha copia da sentenza vixente.

Resultados do proceso de selección