Servizo de Mantemento de Equipamento Científico
O servizo de mantemento de equipos e instalacións de carácter científico e de laboratorio para o campus da Coruña e de Ferrol foille adxudicado á empresa AGENOR MANTENIMIENTOS, S.A.
OBXECTIVO DO SERVIZO
- Prestar un servizo de mantemento dos equipos de carácter científico e de laboratorio.
- Conseguir o mellor estado de conservación dos equipos.
- Asegurar o funcionamento continuo e eficaz dos equipos, minimizando as posibles paradas como consecuencia de avarías.
- Mellorar o tempo de resposta na solución de incidencias.
- Indicar calquera defecto dos equipos ou instalacións que diminúa o seu rendemento, estea en perigo a seguridade do usuario/a, do propio equipo ou poida ser motivo de futura avaría.
- Colaboración, asesoramento técnico e supervisión na montaxe de novos equipos.
O servizo non inclúe os equipos informáticos, a non ser que formen parte de equipos de carácter científico e de laboratorio.
SOLICITUDE DE SERVIZO
- A comunicación dunha avaría ou a solicitude do mantemento preventivo realizarase exclusivamente mediante o formulario aloxado no enderezo http://www.udc.es/equipamentocientifico.
- Cubrirase o formulario web e a continuación o servizo de recepción de formularios web devolverá o aviso cun número de resgardo. En caso de dúbidas ou aclaracións poden contactar coas extensións 2637 e 2638.
- O servizo de mantemento enviará un especialista para efectuar a reparación e elaborará un orzamento en que non se cobrará a man de obra.
- Sempre que o custo do material necesario para realizar a reparación supere un importe de 600 €, o/a usuario/a terá que se facer cargo do trámite da “folla de pedimento” no seu centro de asuntos económicos. Para o caso de compras de material cuxo importe non supere os 600 €, o/a usuario/a poderá elixir entre as seguintes opcións:
- Facilitar un número de aplicación orzamentaria e deixar que toda a xestión (“folla de pedimento”, compra, factura...) a realice o servizo de mantemento en colaboración coa secretaría técnica dos SAI: periodicamente, a secretaría técnica dos SAI enviaralle ao/á usuario/a unha nota de control co importe da intervención ou intervencións, co obxecto de proceder a realizar a modificación orzamentaria correspondente
- O servizo de mantemento pédese encargar de xestionar a compra pero o/a usuario/a será o/a responsable de tramitar a “folla de pedimento” e a factura.
- O usuario/a fará a compra pola súa conta.
- Pode enviar queixas, suxestións ou agradecementos á dirección saisec@udc.es.
PROCEDEMENTO DUNHA INTERVENCIÓN
Unha vez recibido o formulario de notificación de incidencia, o servizo de mantemento procederá do seguinte xeito:
- O técnico concertará co/coa usuario/a o momento idóneo da intervención.
- Farase o diagnóstico da avaría.
- Realizarase e enviaráselle o orzamento ao/á usuario/a (custo do reposto).
- Xestionarase a adquisición dos recambios necesarios para efectuar a intervención (véxase o apartado 4 do punto 3).
- O técnico levará a cabo a intervención.
(As intervencións realizaranse no taller cando así o aconselle o tipo de reparación que hai que efectuar)
- Realizarase a comprobación de funcionamento.
- Elaborarase un informe de finalización, no que se incluirá o custo das pezas empregadas
(achégase o modelo de informe na páxina 6).
- Levarase un histórico das avarías do equipo.
De forma resumida
