Difusión

Inicio

 feed
twitter |  facebook

 

201403093500Millones265x200 3500 millóns é a metade da poboación mundial. 3500 millóns de persoas condenadas cada día á pobreza. Ou non? Este blog é o relato da contra-crise e dos seus protagonistas. Vivenzas e iniciativas dende cada recuncho do planeta que demostran que o máis correcto é tamén o máis intelixente.
20140309Socialia265x200 Socialia é o programa de Fundación Galicia Obra Social para o fortalecimento e a profesionalización do terceiro sector de acción social e apoio a ONGs. Ofrece información permanentemente actualizada de novas, convocatorias, ofertas de traballo e unha completa axenda de actividades en Galicia ou con interese para os galegos. Dispón dun directorio de ONGs.
20140309AfricaNoEsUnPaís265x200 África no es un país. "Salvo polo nome xeográfico, África non existe", dicía Ryszard Kapucinski. E si, dende Europa, afacemos simplificar a súa realidade ata facela unha e pobre, catastrófica e dependente. Pero África é un continente: 55 países, mil millóns de persoas, multiplicidade de mundos, etnias, voces, culturas... África heteroxénea e rica contada dende alí e dende aquí.
20140309GlobalDevelopment265x200 The Guardian: Global Development. Un amplo, neutral e permanentemente actualizado proveedor de reportaxes, información, novas e outras fontes relacionadas con todas as dimensións da Cooperación ao Desenvolvemento. Acolle diversos blogs, moitas páxinas con datos e materiais interesantes, actualizados sobre múltiples países do mundo. Ten material multimedia, boa parte do cal pode ser descargado para o seu uso offline.
20140309ProfessionalsNetwork265x200 Global Development: Professionals Network. Ámbito dixital no que se acolle e promove o debate entre profesionais do desenvolvemento nas suas máis amplas e variadas dimensións.
20140309StudentResources265x200 Development Studies: Studients Resources. Unha sección da páxina web adicada ao desenvolvemento do xornal inglés The Guardian onde se centralizan materiais e fontes para o estudo. Os seus contidos son continuamente actualizados e abarcan toda as problemáticas do desenvolvemento a nivel planetario. A cuantiosa información inclúe apuntas de libros do mundo enteiro, coleccións de datos e enlaces a quen os provén, links a patrocinadores e ata suxestións de viaxes.
20140309WorldhabitatAwards265x200 World Habitat Awards. Dende 1985 a Building and Social Housing Foundation contribúe ao Ano Internacional da Vivenda para as persoas sen Fogar das Nacións Unidas, premiando as mellores prácticas a nivel mundial. Concédense a proxectos de asentamentos humanos que proporcionen solucións prácticas e innovadoras aos gañadores do Premio no Foro Urbano Mundial (anos pares) e no Consello de Administración do Programa das Nacións Unidas para os Asentamentos Humanos (UN-Hábitat) nos anos impares. Aquí están arquivados os proxectos premiados e todos os participantes.
20130309PublicInterestDesign265x200 Public Interest Design é un blog sobre un movemento situado na intersección do deseño e o servizo público. Persoas de distintos niveis económicos e procedencias profesionais demostran o seu apetito por espazos de calidade e manifestan un forte compromiso coa comunidade na que viven e traballan. E ese compromiso deriva no desexo por facer que o bo deseño sexa accesible a todos, particularmente a comunidades tradicionalmente marxinadas. Así pois, este é un lugar adicado ao deseño para a comunidade, ao deseño humanitario e ao deseño pro-bono.
20140309UnitedExplanations265x200 United Explanations: Development. Este é un espazo virtual onde se analizan os acontecementos que caracterizan a actualidade do mundo. Na sección adicada ao “desenvolvemento” desmenuzanse por axentes independentes os asuntos referidos a esta temática nas súas máis variadas dimensións, sendo a súa expresión tanto o ensaio escrito como a fotografía, os gráficos ou os mapas.
20140309Devex265x200 The Develpment Newswire. Titulares actualizados a diario, recollidos de máis de 500 fontes do mundo enteiro. Organizadas en: donor news (producidas por todo tipo de doantes), news (tomadas de xornais, revistas e websites), editorials and blogs (as opinións máis influintes de todo tipo de líderes), think tanks in review (novas do ámbito da investigación e da industria), business and career news (como asistencia na procura de oportunidades), e interviews (desenvolvidas cos axentes que xestionan este mundo).