![]() |
O tema proposto céntrase no Municipio de Champerico (Departamento de Retalhuleu, Guatemala), no que a ONGD Arquitectos Sen Fronteiras desenvolveu actividades de cooperación. Atende ao asentamento da Comunidade María do Mar, formada por 71 familias dun colectivo "sen terra", cunha superficie total de 267 hectáreas. O obxectivo do proxecto é suscitar a ordenación completa da zona habitacional e de cultivo, como alternativa ás propostas en execución, pero contemplando as peculiaridades da cultura indíxena e do seu soporte territorial.
As características principais son a climatoloxía, os cultivos estacionais, o abastecemento e a xestión da auga, o saneamento e a xestión de residuos, xunto coa posibilidade de crecemento nun futuro próximo.
Considérase esencial a utilización de solucións inmediatas e de materiais próximos ou, cando menos, adecuados á contorna. Valóranse igualmente os procesos de autoconstrucción e autoxestión do colectivo, sendo prioritario en calquera caso o criterio económico.
Dotación dun total de 71 vivendas, cada unha asociada a unha parcela de 1600 m2, susceptible de albergar plantaciones de frutais e de manter diversos animais domésticos. Dentro das mesmas contémplanse tres estancias pechadas, que cada familia poida utilizar segundo as súas necesidades, e un espazo aberto techado para descansar e conversar. Inclúese igualmente un ámbito de cociña e comedor, sempre moi ventilado, un almacén para conservar certo material baixo chave, un sistema eficaz e austero de saneamento, e unha ducha ou pila na que poder lavar diversos enseres de cociña e a propia roupa.
Valórase a construción seriada, a prefabricación de elementos e as solucións constructivas que poidan favorecer o confort nun clima tan cálido.