Académica

Inicio

 feed
twitter |  facebook

 

20140305Etsac265x200

O menú situado á esquerda ofrece información sobre as actividades académicas de sensibilización desenvolvidas na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña (España).

PFC 2009-12

PCR

20140305RuralStudio265x200

Rural Studio é un programa de grado da School of Architecture, Planning and Landscape Architecture da Auburn University, de Alabama (EE.UU.), operativo dende 1993.

A súa filosofía basease en desafiar aos estudantes con asuntos reais do cinto negro do área de West Alabama. Desencadéanse accións orientadas á comunidade, en contextos de baixo custo, en réxime de autoconstrucción e coa utilización de tecnoloxías amigables.

20140305BasicIniciative265x200 Basic Iniciative é un proxecto colaborativo das facultades de arquitectura e os estudantes da Portland State University e da University of Texas en Austin. Unha experiencia estendida por máis de vinte anos de compromiso coa vivenda dos nativos americanos, os traballadores emigrantes das plantaciones, e coa dotación de escolas e casas de saúde no centro de México. Cada programa pretende alcanzar solucións que, apoiadas nas tecnoloxías apropiadas, reforcen os valores locais para facer posible o desenvolvemento.
20140305ArquiSocial265x200

Arquitectura y Compromiso Social é unha asociación universitaria e Ong-D de desenvolvemento radicada na Escola de Arquitectura de Sevilla, España.

O seu obxectivo é contribuír ao desenvolvemento humano a través do fomento de procesos de mellora do hábitat capaces de fortalecer o tecido social na conquista de grados crecentes de autonomía por parte das comunidades.

20140305VastuShilpa265x200 Vastu Shilpa Foundation é unha organización non gobernamental, establecida en Ahmendabad (India) polo arquitecto Doshi para o estudo e a investigación en Deseño Ambiental. O Instituto realizou unha labor pioneira en materia de vivenda de baixo custe e planificación da cidade na India. A súa acción esténdese a través de obradoiros onde universitarios e académicos do mundo enteiro implícanse nos obxectivos da Fundación.
20140609ConstruyendoTaller265x200 Construyendo Taller, proxecto de profesores e estudantes que traballan o deseño social, en puntos marxinais dentro de Costa Rica, dende a perspectiva do deseño de produtos, interiorismo e arquitectura, no melloramento da calidade de vida dun usuario e a súa contorna. Traballos cun alto contido de investigación e un alto proceso de fabricacion dixital e real.