![]() |
Alfred Heineken, xunto con John Habraken deseñaron unha botella de cervexa con formato de ladrillo de cristal para ser reutilizado para un uso constructivo. Tras varios anos de deseños e rediseños abandonouse a súa fabricación a causa do rexeitamento dos responsables de marketing da empresa. |
![]() |
Sinxelo invento filipino que permite introducir luz natural nas grandes superficies continuas de chabolas amontoadas, o que impide construír fiestras. A botella chea de auga e lixivia, supón o equivalente a unha lampada de 55w. |
![]() |
Utilización de botellas de plástico como 'recheo', producindo valeiro ao desinchar un continente plástico cheo de botellas e xerar pequenas cubricións. |
![]() |
A partir dun residuo urbano común, o paraugas roto, a artista Jean Shin construíu unha cuberta textil que xera unha nova sombra no parque de esculturas Sócrates, creado sobre o recheo dun antigo vertedoiro en Long Island. |
![]() |
Proxecto de parque infantil nun descampado situado no Gallinero, un poboado de chabolas de Madrid. Mediante a reciclaxe de certos elementos constrúense diferentes randeeiras, balancíns e tobogáns para o goce dos nenos. |
![]() |
O Campo da Cebada é un baleiro urbano xerado pola demolición do polideportivo municipal do barrio da Latina, en pleno centro de Madrid. Dende o ano 2010 ocúpase e xestiona de xeito colectivo por veciños do Distrito Centro de Madrid. O acondicionamento realizouse con materiais reciclados respondendo ás necesidades das diferentes persoas que habitan ese espazo,incluíndo unha zona de proxección, bancos, horto, bancadas, etc. Foi premiado na XII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (2013). |
![]() |
RUS é unha intervención para recuperar un espazo público en Lima (Perú) mediante a instalación dun parque de xogos, construído baixo a estrutura de formigón dun proxecto de tren eléctrico que levaba anos abandonado. Realízase con material procedente dos vertedeiros da cidade e contou coa colaboración de artistas, ONGs, deseñadores e arquitectos locais. |
![]() |
Tagplakaten é un proxecto de iniciativa danesa cuxo obxectivo é a reconstrución de cubertas no Campo de Refuxiados Dzaleka, ao norte de Lilongwe (capital de Malawi), a través da reciclaxe de carteis electorais doados polos partidos políticos daneses tralas eleccións de 2011. |
![]() |
Taller Sur: obrar en Bambú é unha materia de libre elección da Facultade de Arquitectura, Planeamento e Deseño da Universidade Nacional de Rosario (Arxentina). Céntrase no deseño e execución material da arquitectura vinculada á cultura latinoamericana, neste caso utilizando o bambú como principal materia prima. |
![]() |
Cada lugar no mundo ten o seu propio abanico de técnicas construtivas. A coexistencia de diversos calados de industrialización e desenvolvemento económico permite que as técnicas artesanais que subsisten mestúrense con produtos semiindustriales e manteñan a súa vixencia en contornas pouco estandarizadas. |