![]() |
O sitio para os que valoran a importancia do proceso fronte á obsesión pola consecución dun produto final, sustentándose neste caso nas teorías de Christopher Alexander. Un sincero e razoado alegato á participación dos usuarios na produción do seu hábitat e ao aprecio pola racionalidade do sinxelo. |
![]() |
Plataforma de procesos coletivos de vivenda que ofrece ferramentas para fomentar a participación e autoxestión na construción das nosas vivendas e contornas. En Masqueunacasa alóxanse e propóñense alternativas para o desenvolvemento dun hábitat máis cooperativo e igualitario. |
![]() |
Os profesionais agrupados no entorno Open-Building avogan por recoñecer que o proceso de construción implica a moitos axentes, un lugar onde ninguén o decide todo. |
![]() |
Public Architecture é unha fundación radicada en San Francisco, que promove un novo modelo de exercicio arquitectónico no que os arquitectos traballan polo ben común. En lugar de agardar por un encargo profesional, os seus membros exercen un papel de liderado, identificando conflitos e desexos e atopando os mecanismos técnicos e financeiros para resolvelos de acordo cunha práctica pro-bono. |
![]() |
The Open Architecture Netword é unha comunidade on-line, en código aberto, adicada a mellóra das condicións de vida a través dun deseño innovador e sostible. Neste espazo compártense as ideas e os deseños nunha contorna colaboradora na que se dá resposta a requerimentos de interese común. A propiedade intelectual das ideas xeradas protéxese mediante licenza Creative Commons. |
![]() |
O blog IncrementalHouse explora o problema da vivenda dende o punto de vista da súa accesibilidade e da súa capacidade de adaptación co paso do tempo. O concepto incremental da edificación constitúe a solución habitual para unha gran parte da poboación mundial, e serve de base reflexiva para temas como o control e a participación, a articulación entre o local e o global, a satisfacción das necesidades derivadas das condicións de emprego eventual e permanente, o fixo e o flexible, o formal e o informal. |
![]() |
IncrementalHousing é un sitio web vinculado ao Massachusetts Institute of Technology, e que serve ao estudo da estratexia incremental de vivenda, recurso habitual nos procesos de crecemento urbano e en particular nos sectores de baixo ingreso dos países do Terceiro Mundo. |
![]() |
A Torre David é unha construción de 45 niveis situada en Caracas, abandonada antes do súa finalización tralo pasamento do seu promotor e o derrube da economía venezolana en 1994. Na actualidade é o fogar para unha comunidade de máis de 750 familias, no que algúns denominan barrio marxinal vertical, pero que se desenvolve cunha sólida organización interna. |