Políticas 01

Inicio

 feed
twitter |  facebook

 

“UnHabitat”

Canal de Youtube de UN-Habitat. Vídeos relacionados co traballo, proxectos e xente asociados ao Human Settlements Programme das Nacións Unidas.

Pertencen a varios programas, eventos e campañas, nos que se comparten experiencias, información e ideas relacionadas coa misión de UN-Habitat de promover cidades social e ambientalmente sustentables, e o obxectivo de prover un adecuado acubillo para todos.

 

Robert Neuwirth

The hidden world of shadow cities é unha TED Talk por Robert Neuwirth. Pasou dous anos estudando unha das máis profundas tendencias do noso tempo: a migración masiva da poboación mundial cara a guetos urbanos. Mil millóns de persoas viven como ocupantes ilegais. A vida nunha favela, en chabolas, nos suburbios, é difícil: non hai auga, non hai transporte, non hai alcantarillado. Pero nas ocupacións ilegais de Río, Nairobi, Estambul e Bombay, Neuwirth descubriu restaurantes, mercados, clínicas e formas eficaces de auto-organización.
Tamén recomendada ‘The power of the informal economy’, outra TED Talk por Robert Neuwirth.