![]() |
Enlace á páxina web da Cátedra Hábitat e Territorio, dependente da Universidade Nacional da Prata (Arxentina), que ten como obxectivo a planificación estratéxica, o desenvolvemento humano e a ocupación do espazo. |
![]() |
Enlace á biblioteca CF+S “Cidades para un Futuro máis Sostenible” da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade Politécnica de Madrid, na que é posible consultar e descargar artigos e relatorios relacionados coas tematicas relacionadas ca planificación, e o contar ,ademais cun fondo de recursos históricos (Habitat Classic Series) que contén documentos tan interesantes como o “Discurso da servidume voluntaria ou o contra un” de Étienne da Boétie (1570). |
![]() |
Design4Disaster, plataforma creada para a información, comunicación e intercambio de coñecementos, experiencias, ideas e proxectos. Con qué tipo de solucións poden os deseñadores contribuír á previr, aliviar e a recuperar ante os efectos dos desastres naturais? |
![]() |
A "Red de Huertos urbanos comunitarios de Madrid" agrupa unha serie de colectivos que traballan en solares desocupados ou espazos baleiros xerando hortos urbáns xestionados de xeito colectivo. No enlace pódense atopar un mapa e información sobre cada un deles. |
![]() |
Techo é unha organización presente en Latinoamérica e o Caribe que busca superar a situación de pobreza na que vive unha parte significativa da poboación naquela rexión a través da accións conxuntas dos seus pobladores e persoas voluntarias. As súas principais actuacións son o amelloramiento barrial e a concienciación social. |
![]() |
UrbanInform é un espazo virtual creado por Rainer Hehl e Jörg Stollmann en 2009 en Zúrich, Suiza. Reúne e mostra pequenos documentais en video que exploran achados e intervencións en hábitats informais. Deveu nun foro de debate sobre os discursos das persoas que pensan na mellora da vida neses asentamentos. |
![]() |
O Grupo de Investigación Rebirth-Inhabit ten como obxectivo desenvolver liñas específicas de innovación que supoñan un avance, unha aplicabilidade e unha transferencia científica contrastada. Consolídase en febreiro de 2012 como Grupo de Investigación da Escola Politécnica Superior CEU San Pablo de Madrid e enmárcase nas consideracións suscitadas pola Conferencia de Rectores das Universidades Españolas (CRUE) no seu "Protocolo de actuación das universidades fronte a situacións de crises humanitarias" (2006). |
![]() |
Favela Cloud é unha proposta conceptual para o futuro desenvolvemento da favela de Santa Marta. Trátase dunha visión para unha nova forma de construción de estruturas habitables na zona. O deseño propón unha alternativa para desenvolver a contorna construída, baseándose nas cualidades sociais e de organización da propia favela. O deseño está destinado a ser un novo punto de referencia, cuxo funcionamento é o de comunicador coa cidade formal. “Favela Cloud” é un proxecto de tese de Johan Kure, Usto Kemo e Manickam Thiru desenvolto na AD:MT na Universidade de Aalborg (Dinamarca). |
![]() |
O kit de ferramentas ‘Deseño centrado nas persoas' foi deseñado específicamente para ONGs e empresas sociais que traballan con comunidades empobrecidas de África, Asia e América Latina. O kit, dispoñible aquí para a su descarga gratuita, guía aos usuarios a través dun proceso de deseño centrado no home, e en actividades a potenciar como o desenvolvemento de habilidades de escoita, talleres, e posta en marcha de novas ideas. O proceso deu lugar a innovacións como o desfibrilador HeartStart, os produtos antibacterianos naturais CleanWell, e o sistema de donación de sangue da Cruz Vermella. Todos eles melloraron a vida de millóns de persoas. |
![]() |
Un Techo para mi País (UTPMP) é unha organización Latinoamericana sen fins de lucro liderada por mozos de distintos países de América Latina. Día a día miles de estudantes universitarios e novos profesionais de todo o continente traballan xunto aos pobladores dos asentamientos marginales para mellorar a súa calidade de vida a partir da construción de vivendas de urxencia. |