![]() |
Acnur, Ruanda, 1999. Shigeru Ban propuxo unha cabana de urxencia que evitase a venda dos postes de alumino tradicionais das tendas que a poboación local vendía e substituía por ramas. A utilización de tubos de cartón permitiu evitar a incipiente deforestación. Tres prototipos foron deseñados e probada a súa durabilidade, incluso propoñendo a fabricación in situ para eliminar custos de transporte. |
![]() |
Unha parte do estudo de Shigeru Ban confórmao a súa propia ONG (Van, Voluntary Architects Network), que dende 1995 colaborou en diversos países asolados por desastres naturais. As súas Paper Log Houses utilizáronse en lugares tan distantes como Turquía, India ou Xapón. A maior parte dos seus proxectos concéntranse en reciclar materiais tales como papel, plástico e madeira laminada, ou en reutilizar obxectos inservibles como contenedores industriais e botellas de plástico. Destaca o seu legado de estruturas tubulares de papel reciclado, aproveitando a súa lixereza, resistencia, disponibilidade e facilidade de ensamblaxe ata con man de obra voluntaria. |
![]() |
Este proxecto comprende a construción de 100 casas nun pobo peixeiro musulmán, na rexión de Tissamaharama, na costa sureste de Sri Lanka, trala destrución causada polo tsunami de 2004. O obxectivo de Shigeru Ban foi adaptar as vivendas ao seu clima e usar man de obra e materiais locais, para traer beneficios á rexión e para responder ás necesidades propias dos poboadores a través dun traballo en conxunto. As cociñas e os baños están incluídos dentro de cada casa, segundo o conversado cos habitantes do pobo, pero unha zona central cuberta sepáraos da zona habitable, segundo o estipulado polo goberno. |
![]() |
A cidade de Onagawa, na prefectura de Miyagi, sufriu un dano extremo polo terremoto e o tsunami do 11 de marzo de 2011. O arquitecto Shigeru Ban respondeu mediante o deseño dun complexo de varios pisos de vivendas temporais para os superviventes, confeccionados mediante contenedores de transporte. A construción apilada facilitou a xestión do escaso terreo, configurando espazos privativos e comunais.
|
![]() |
Rogers Stirk Harbour + Partners colabora coa YMCA London South Wetst para desenvolver a Y:Cube, un prototipo de vivenda prefabricada de custo reducido para satisfacer as necesidades de mozas sen recursos. O deseño, inspirado nas tradicionais cabanas de praia, materialízase mediante paneis de madeira e cemento de alta eficiencia enerxética. Os seus 26 m2 poden ser doadamente desmontables e trasladados a outro emprazamento. |
![]() |
Intervención de Reclaiming Heritage en Chanco (Chile), tralo terremoto de 2010. Propoñen prototipos para a reconstrución, reutilizando nas novas vivendas elementos procedentes das ruínas, debidamente saneados e complementados con outros confeccionados pola propia poboación O deseño pretende preservar os valores culturais locais e servir de base para ulteriores crecementos, en función das necesidades dos usuarios. |
![]() |
Proxecto de Reclaiming Heritage para Port-Au-Prince (Haiti), que reserva e reutiliza as ruínas do terremoto de 2010, creando sobre as mesmas novas vivendas con materiais locais (madeira e bambú fundamentalmente), cun sistema de construción simple e incremental. |
![]() |
Segundo o arquitecto estadounidense de orixe iraní Nader Khalili, os sacos de area e o arame de espiño son utensilios bélicos que poden converterse doadamente en materiais constructivos de vivendas para as vítimas dos desastres naturais ou dos causados polo home. Mediante sacos longos en tubo apilados e sen necesidade de cualificación, pódense construír refuxios baseados nas formas naturais. 'O arco, a cúpula e a bóveda son as estruturas naturais máis fortes que traballan en sintonía coa gravidade, o rozamento, o mínimo material e a máxima compresión'. |
![]() |
O proxecto 20K House Product Line iníciase en 2005 como investigación de Rural Studio, dirixido a resolver a necesidade de vivenda económica no Condado de Ale (Alabama). Proponse como alteranativa á mobile home para albergar aos usuarios potenciais aos que a banca non lles concede hipotecas. O proxecto toma o seu nome do capital máis alto que unha persoa pode obter dos subsidios da Social Security. Rural Studio desenvolveu ata unha ducia de diferentes prototipos, replicables a gran escala, que se executan cun custo de 12.000$ de material e 8.000$ de man de obra e beneficio. |
![]() |
WikiHouse é un set de construción, desenvolvido en código aberto. Quere facer posible que calquera, en calquera lugar, poida descargar os deseños global commons, adaptalos e crear con iso unha casa adecuada ás súas necesidades e localización. Todo iso sen necesidade de habilidades formais, ferramentas ponderosas ou moito capital. |
![]() |
Entre 1949 e 1951 o departamento de Asuntos Ultramarinos do Goberno de Francia encárgalle a Jean Prouvé o deseño de casas prefabricadas para resolver o problema da escaseza de vivenda adecuada nas súas colonias. Producíronse tres prototipos no seu estudo en Maxéville preto de Nancy. A primeira levantouse en 1949 en Niamey, Níger e dúas máis en 1952 en Brazzaville, Congo. O proxecto fracasa porque as vivendas tiñan un custo superior ao das construídas por medios tradicionais locais e porque o seu aspecto industrializado non satisfixo aos que ían ser os seus moradores, expatriados franceses. |
![]() |
O grupo de investigación Rebirth-Inhabit (Re-Activar Arquitecturas), coordinado por Juan Manuel Ros, profesor da Escola Politécnica Superior da Universidade CEU San Pablo, ten unha patente dentro da arquitectura humanitaria. Esta invención consiste nunha unidade mínima de habitabilidade, baseada nun sistema adaptable, que, de forma progresiva, pode ir sendo mellorada a medida que se vai necesitando e na que se poden ir incorporando, ademais, elementos relacionados coa cultura particular. Vídeo. |