![]() |
Cmax System é un habitáculo de urxencia e fácil montaxe, fabricado en polipropileno, aluminio e tea de poliéster, con capacidade para 10 persoas. Inclúe un bloque adicional de sanitarios para cada tres módulos e un kit con elementos de supervivencia. O prototipo xurdiu a partir do proxecto de fin de carreira do arxentino Nicolás García Maior. |
![]() |
Módulos de rápida implementación que ofrecen a vantaxe de modularidade e versatilidade do seu emprego para situacións de emerxencia que en tantas ocasións precisan asegurar unha permanencia no tempo. |
![]() |
ReciproBoo é un kit de construción que pode dar lugar a un resistente marco de bambú en 20 minutos, co obxecto de crear refuxios provisionais en situacións de emerxencia. |
![]() |
O sempre polémico arquitecto Mathias Klotz desenvolve este módulo prefabricado pensando no aporte que dende a arquitectura poderíase realizar na procura de solución ós problemas que xorden tralos desastres naturais como terremotos, cun novo lema: “8.8 Re-Construcción”. “8.8 Re-Construcción”. |
![]() |
Saint Val Architects desenvolve este proxecto de casas verticales específicamente para a reconstrución de Porto Príncipe en Haití. Inspírase nos tradicionais canastros tecidos. Un exoesqueleto triangulado de madeira e bambú sostén a construción de cinco niveis, aos que se accede a través dunha escaleira de caracol central. Exteriormente debúxase unha dobre hélice con persianas de madeira e vidro que deixa entrar a luz e permite a ventilación dos recintos. O resto da estrutura está envolvida nunha lona para selar o interior. |
![]() |
O prototipo Puertas é unha proposta para vivenda de urxencia do equipo Cubo Arquitectos. A súa principal metodoloxía é poder armar un sistema constructivo a través de produtos estandarizados presentes nos principais distribuidores de materiais, derivando nunha obra de baixo custo e rápida montaxe. Estímase un período de elevación de 8 horas para un equipo de 7 persoas, e un tempo de uso de 3 meses ata recibir a vivenda definitiva, na cal pódense reutilizar os elementos de partición. |
![]() |
Uber Shelter é unha organización liderada polo deseñador Rafael Smith para prover de solucións de refuxio temporal e de transición a persoas desprazadas por desastres naturais ou conflitos. A partir dunha estrutura básica en perfís de aceiro galvanizado prové un esqueleto básico que resolve o acubillo en base a cerramentos de polipropileno. É interesante a disposición desta solución de vivenda en dous niveis xa que se fai cargo de que un dos recursos máis escasos en situacións de urxencias é o chan. |
![]() |
Exo é un refuxio desenvolvido por Reaction Housing System como elemento de rápida resposta ante situacións de urxencia. Dúas persoas poden montar cada unidade, que ten capacidade para catro, en camas individuais que se pregan e adhírense á parede cando non están en uso. Os seus compoñentes son prefabricados, o que aumenta a súa eficiencia de almacenamento e transporte. Vinte unidades pódense trasladar amoreadas nun camión de 16 m. ou nun avión Hércules C-130, mentres que a través de tren lográronse transportar ata 1.940 unidades. |
![]() |
Hangout é un refuxio semi-permanente que combina a practicidade dunha tenda de campaña e a seguridade e o confort dunha casa. Consiste nunha lona que se estira no intervalo entre dúas fachadas de madeira. Un lado contén unha porta, e unha escaleira incorporada no marco. Este espazo pode ser utilizado como unha hamaca e como área de almacenamento. O outro lado ten unha fiestra cunha táboa incorporada que se pode pregar dentro, ou cando o tempo o permite tamén fóra. |
![]() |
Tentsile é un refuxio deseñado para superar os obstáculos comúns no medio ambiente. Trátase dunha tenda de campaña que se mantén suspendida sobre calquera superficie, evitando así as zonas inundadas, o terreo áspero, rochoso ou inestable, chan frío ou húmido, tremores de terra e a vida silvestre. Podería ser utilizado como unha opción de baixo custe para o refuxio durante as operacións de socorro ou nas campañas humanitarias. |
![]() |
A Pallet House é unha solución económica, eficiente e de fácil construción para o problema de vivenda daqueles que foron desprazados polos desastres naturais, as pragas, a fame, os conflitos políticos e económicos ou a guerra. Esta proposta obtivo unha Mención de Honra entre os centos de participantes de todo o mundo nun concurso para deseñar unha vivenda de transición para os refuxiados que regresan de Kosovo. Estipolouse que a casa necesitaba durar uns cinco anos (o tempo que tarda unha familia kosovar para reconstruír unha típica casa de pedra). |
![]() |
Deseñada polo ucraíno Domaretskii Volodymir, Soteria é unha instalación móbil modular que se pode utilizar para unha variedade de propósitos, que van dende a axuda de urxencia á montaxe dun hospital. O deseño baséase no uso de contenedores cun tamaño definido para facilitar o transporte. A montaxe ten lugar polo deslizamento dos paneis laterais. Os módulos poden ser equipados con paneis soares, turbinas de vento, quentamento de auga, filtros de auga, xerador diesel, sistema de biogás, tanques de auga e xeradores de auga atmosférica. A estación tamén pode ser construída como un edificio de varios pisos. |
![]() |
Softshelter é un concepto de refuxio temporal, doadamente adaptable, do estudo Molo Design, con sé en Vancouver. O seu sistema baséase en extensións de papel kraft que forman cuadrículas suaves e flexibles de espazo persoal. Estas reixas conéctanse mediante elementos magnéticos ou colapsan nunha serie de formas planas e apilables cando se atopan fóra de servizo. Destinado a ser utilizado en operacións de socorro, pero tamén noutras situacións como poden ser as cabinas temporais de votación ou as de uso clínico. |
![]() |
Shelterhouse é o proxecto desenvolvido por once estudantes da Hochschule Rosenheim (Fachbereich Innenarchitektur) que foron premiados na Materialica Design & Technology celebrada en Múnic en 2011. Trátase dun habitáculo mínimo, modular, cuxa lixeireza lle permite ser construído por dúas persoas sen necesidade de ferramentas. Conta con dúas plataformas para durmir e espazo de almacenamento para a propiedade privada.
|
![]() |
Urubo, Bolivia, 2000. Jae Cha deseñou un espazo relixioso, público e flexible, mediante a utilización de madeira tradicional e estratos de policarbonato. "Os espazos públicos ben programados e ben proxectados de modo que satisfagan as esixencias dunha comunidade non son, a miúdo, tomados en conta como medios potenciais de combater a pobreza. As contribucións caritativas e xenerosas poden axudar a reducir as necesidades, pero o final da pobreza precisa do desenvolvemento de sistemas sostibles e que se potencie a creación dun tecido interactivo dentro da comunidade". |
![]() |
Durante a súa estancia no MIT, Prada Poole desenvolveu un sistema de construción con cartón tanto no seu uso estructural como de cerramento. O sistema desenvolve cada un dos detalles e aporta solucións de ordenación e desenvolvemento en etapas do asentamento. |
![]() |
A Poop House, de Maynard Architects, inspírase nun estudo realizado pola Universidade de Standford nos 90, no que se desenvolveu unha estrutura de polipropileno soportado por auga. Con todo, neste proxecto esta estrutura de auga é temporal xa que unha vez se habíta a casa, os refugallos sólidos biolóxicos empezan a apilarse nunha membrana exterior que recobre a casa e que será a súa estrutura definitiva no futuro. |
![]() |
A biblioteca do ITT situada no val central de Oaxaca, nace da necesidade de xerar un espazo apropiado para ofrecer información sobre como habitar nesta rexión de clima seco e desenvolver solucións sosteibles. Construíuse con fardos de palla para xerar os cerramentos e reciclando caixas de legumes para xerar ocos como estantes. |
![]() |
A Maison Gomme, de Denis Oudendijk e Jan Körbes, é un proceso de reconstrución dunha pequena caseta de madeira para aportar un novo uso. A impermeabilidade da fachada conséguese utilizando unha capa a base de tiras de neumáticos alternos, ás veces, con restos de chapas metálicas. |
![]() |
Casa experimental de Sverre Fehn, en Mauritzberg, Norrkoping (Suecia). Durante o verán de 1992 construíuse un prototipo de 52 m2 destinado a vivenda. Constructivamente optouse por materiais naturais, destacando a utilización de bloques de palla mesturada cunha baixa porcentaxe de arxila do propio terreo, cun acabado a base de cal que se colorea con arxilas naturais. A construción durou oito semanas e foi realizada por estudantes de arquitectura de Finlandia, Letonia, Suecia e Noruega. |