XESTIÓN SOCIAL

Inicio

 feed
twitter |  facebook

 

Introducción a proyectos de cooperación para el desarrollo

Introducción a proyectos de cooperación para el desarrollo.

Agustín Collado e Xavier García Casals.

Enxeñería Sen Fronteiras. Vigo, España. Xuño de 1996.
ISBN: -
Signatura: ASF XS 1

Transcrición do I Curso de Introdución a Proxectos de Cooperación para o Desenvolvemento en decembro de 1994 na Casa dás Artes de Vigo que supuxo o arranque de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia ante a sociedade e a comunidade universitaria desa cidade.

 

Habitar, participar, pertenecer: acceder a la vivienda - incluirse en la sociedad

Habitar, participar, pertenecer: acceder a la vivienda - incluirse en la sociedad.


Víctor Saúl Pelli.

Nobuko. Buenos Aires, Argentina. Xaneiro de 2007.
ISBN: 978-987-584-077-5
Signatura: ASF XS 2


Este libro, lonxe de suscitarse como unha aproximación imparcial (si é que isto é realmente posible), é unha exploración desde unha toma concreta de posición sobre o papel que xoga a produción do hábitat na construción ou na reconstrución da relación entre os que carecen de vivenda adecuada e a sociedade no seu conxunto. Desde esta posición, o problema habitacional dos sectores sociais en situación de pobreza desprázase desde a idea convencional de “provisión de casas” e incluso desde a máis ampla de “provisión de vivendas”, cara á idea de xeración de accións e de obras que conduzan a unha inserción harmónica e equitativa da xente na cidade e no conxunto social. Este libro intenta ser un aporte nesa direccion.

 

Propuestas del Tercer Sector de Acción Social para una Estrategia de Inclusión Social 2020 en España

Propuestas del Tercer Sector de Acción Social para una Estrategia de Inclusión Social 2020 en España.


José Manuel Fresno García e Andreas Tsolakis.

EAPN España. Madrid, España. Outubro de 2010.
ISBN: 978-84-614-6005-2
Signatura: ASF XS 3



Documento que recolle as propostas debatidas ao longo da convención celebrada en Madrid os días 30 de setembro e 1 de outubro: “Propostas do Terceiro Sector para unha Estratexia de Inclusión e Cohesión Social 2010-2020 en España”, ademais de achegas e reflexións de seminarios relacionados con máis de vinte e cinco entidades de ámbito nacional.

 

Rub’eyal Qak’aslemal. Caminos para la plenitud de las mujeres mayas y nuestros pueblos

Rub’eyal Qak’aslemal. Caminos para la plenitud de las mujeres mayas y nuestros pueblos.


Mulleres maias Kaqla.

Maya Diversa Ediciones. Iximulew, Guatemala. Setembro de 2010.
ISBN: -
Signatura: ASF XS 5



Documento que aúna a aprendizaxe recollida ao longo da vida de KAQLA, grupo formado en 1996 por e para mulleres maias co fin de crear procesos de formación para mulleres. É unha proposta metodolóxica sobre xeitos de camiñar de cara a unha ética para a vida. Busca unha formación que xere conciencia crítica, que axude a reflexionar, a crear e a usala polo ben común.

 

Los con techo. Un desafío para la política de vivienda social

Los con techo. Un desafío para la política de vivienda social.


Susana Aravena, Teresa Cáceres, Andrea Carrión, Ana María de la Jara, Francisca Márquez, Pía Olivera, Alfredo Rodríguez, Alejandra Sandoval, Olga Segovia, Juan Carlos Skewes, Ana Sugranyes e Manuel Tironi.

Ediciones SUR. Santiago, Chile. 2005.
ISBN: -
Signatura: ASF XS 6



É un libro que examina os resultados da política de financiamento da vivenda social en Santiago de Chile, froito dun traballo realizado polos seus autores ao longo de cinco anos. Na súa análise os textos recollen tanto unha perspectiva académica e institucional como as percepcións e opinións dos residentes nas poboacións e vilas: traballo en terreo de organismos non gobernamentais e universidades con organizacións sociais e vecinais.

 

Urbanismo y desigualdad social.

Urbanismo y desigualdad social.


David Harvey

Siglo XXI de España Editores S.A. Madrid, España. Abril de 2010.
ISBN: 978-84-323-0252-7
Signatura: ASF XS 7


Nesta obra de Harvey atopamos unha das exposicións máis desafiantes da relación que existe entre xustiza social, sociedade e espazo urbano. A xustiza social é ante todo unha aplicación concreta dos principios xustos co fin de resolver as demandas atopadas e os conflitos. A necesidade de cooperación deriva da natureza social dos seres humanos, e daquela, á súa vez, xorden demandas que compiten para conseguir unha distribución equitativa dos resultados alcanzados ao cooperar. O obxectivo dos ensaios que compoñen este traballo é o de formular unha teoría do urbanismo capaz de dar conta da forma en que a cidade e a planificación urbana reflicten a desigualdade social, contribúen a reproducila ou ata a reforzan e profundan.

 

Un hogar en la ciudad.

Un hogar en la ciudad.


Pietro Garau, Elliot D. Sclar e Gabriella Carolini.

Ministerio de Vivienda. España. Xaneiro de 2005.
ISBN: 84-96387-09-7
Signatura: ASF XS 8


Este texto forma parte Proxecto do Milenio de Nacións Unidas encargado polo Secretario Xeral da ONU e patrocinado polo Programa de Desenvolvemento da ONU en nome do Grupo de Desenvolvemento da ONU. É un informe que expón as recomendacións do grupo de traballo para mellorar as condicións de vida dos chabolistas. O grupo de traballo insta aos países a que se concentre na crecente crise urbana. O informe propón investimentos específicos e cambios políticos necesarios no ámbito local e nacional para crear unha contorna urbana dinámico, igualitario e produtivo.

 

Arquitectura y política: Ensayos para mundos alternativos.

Arquitectura y política: Ensayos para mundos alternativos.


Josep María Montaner e Zaida Muxí.

Editorial Gustavo Gili. Barcelona, España. 2013.
ISBN: 978-84-252-2437-9
Depósito legal: B. 28.254-2011
Signatura: ASF XS 9


Arquitectura e política afronta unha cuestión crave da arquitectura contemporánea: a súa responsabilidade na relación coa sociedade. Para iso, a partir dunha recopilación de textos agrupados en cinco capítulos "Historias, Mundos, Metrópolis, Vulnerabilidades, e Alternativas" a obra leva a cabo un percorrido histórico que narra o papel social dos arquitectos e os urbanistas ata a actual era da globalización. A partir de temas como a vida comunitaria, a participación, a igualdade de xénero e a sustentabilidade, este libro establece tanto as vulnerabilidades contemporáneas como aquelas alternativas xa experimentadas, de aí o seu subtítulo Ensaios para outros mundos.

 

La mayor necesidad: un paseo por las cloacas del mundo.

La mayor necesidad: un paseo por las cloacas del mundo.


Rose George.

Turner. Madrid, España. 2009
ISBN: 978-84-7506-880-0
Depósito legal: S. 1.202-2009
Signatura: ASF XS 9


“La mayor necesidad” é un ensaio sobre o problema que representa a reciclaxe de residuos humanos, é dicir, das augas negras que producen as vivendas. Rose George enfróntase aos moitos desafíos medioambientais, urbanísticos e ata estéticos que presenta este asunto, e percorre moitas cidades como Londres, cuxa rede de sumidoiros ten séculos de antigüidade, ou as grandes megalópolis da India. O resultado é un libro irreverente, solidamente documentado e escrito con notable pulso narrativo.

 

El informe Lugano II.
            Esta vez, vamos a liquidar la democracia..

El informe Lugano II. Esta vez, vamos a liquidar la democracia.


Susan George.

Deusto. Barcelona, España. 2013.
ISBN: 978-84-234-1344-7
Depósito legal: B.29.816-2012
Signatura: ASF XS 11


Pasou unha década desde que a elite capitalista encargara a un grupo de sabios o primeiro Informe Lugano, texto que debía servir a aqueles que dirixen o sistema económico para seguir liderando o mundo segundo os seus intereses. Aquela iniciativa, que calibrou o futuro do planeta ante os retos medioambientais e de desigualdade social, xa anunciou unha inminente quebra financeira de complexas consecuencias. Xa en plena crise, a mesma elite financeira volve a recorrer ao grupo de sabios para buscar outra orientación clave: ¿como pode manterse a salvo o capitalismo tras xerar un desequilibrio financeiro a nivel global? ¿cómo superar a crise sen que se debilite o dominio das elites que as provocaron?

 

Readings on sustainability and heritage. Architecture an urban culture in Latin America and Europe.

Readings on sustainability and heritage. Architecture an urban culture in Latin America and Europe.


Ives Schoonjans, William Lievens, Alfonso Corona Martinez, Jelena Petric, Libertad Vigo e Denise Pinheiro Machado.

School of Architecture Sint-Lucas, Brussels/Ghent Belgium y PROURB —Programa de Pos-gradução em Urbanismo— Faculdade de Arquitetura e Urbanismo, Universidade Federal do Rio de Janeiro.
ISBN: 9789081323819
Signatura: ASF XS 13


Este libro é un dos resultados do programa ALFA chamado “Crossroads in Architecture” froito da colaboración de catro socios europeos e catro latinoamericanos. A globalización e a crecente complexidade da arquitectura demandan un achegamento maior entre os centros de formación e os institutos de investigación.

 

Jornadas de arquitectura y cooperación al desarrollo.

Jornadas de arquitectura y cooperación al desarrollo.


Narciso Jesús Vázquez Carretero, Percy Durand Neyra, Esteban de Manuel Jerez e outros.

Colección InvestigArquitectura E.T.S.A.S. Sevilla, España. Outubro de 2010.
ISBN: 978-84-693-7003-2
Depósito legal: H 285-2010
Signatura: ASF XS 14


Recóllense as ponencias e conclusións das Xornadas de arquitectura e Cooperación ao Desenvolvemento organizadas pola Escola Técnica Superior de Arquitectura. Pretendeuse ofrecer un foro de debate que permitise ás persoas interesadas por estes temas, especialmente ONG de profesionais e entidades cívicas que tiveran por obxecto a loita polo dereito á vivenda e á cidade, puidesen facerse unha idea mais ampla e mais clara da achega da Arquitectura na Cooperación ao Desenvolvemento.

 

Construire ensemble le grand ensemble. Habiter autrement.

Construire ensemble le grand ensemble. Habiter autrement.


Patrick Bouchain, Loïc Julienne, Nicole Concordet, Sébastien Eymard, Chloé Bodart e Denis Favret.

Actes Sud. Arles, France. 2010.
ISBN: 978-2-7427-8912-2
Signatura: ASF XS 16


Cet ouvrage, entre livre et revue, est un premier acte, simple, généreux, pour ouvrir au débat ce que nous avons fait ou allons faire, et échanger avec ceux que nous ne connaisson pas. Il est centré sur la question du logement, et plus largement de l’habiter ensemble. Il ne s’agit pas là d’une petite chose, car en France 7 millions de personnes vivent avec moins de 800 euros par mois et 13 millions vivent dans des logements sociaux où nulle appropriation n’est possible. Il faut passer à l’acte d’une production du cadre de vie où travail, habitat et nature doivent etre l’expression d’une société démocratique et non cell d’une société bureaucratique. Habiter en construisant et construire en habitant.

 

Camiones, Contenedores, Colectivos.
            Recetas urbanas.

Camiones, Contenedores, Colectivos. Recetas urbanas.


Recetas urbanas. Santiago Cirugeda.

Viv[]k. España. 2010.
ISBN: 978-84-613-6026-0
Signatura: ASF XS 17


É unha iniciativa de Santiago Cirugeda (Recetas Urbanas) que implica a moitos colectivos na creación dunha rede de espazos auto-xestionados por toda a xeografía española. A experimentación que Cirugeda comezou hai quince anos en multitude de situacións puntuais e illadas desembocou nunha acción conxunta e auto-organizada por pequenos grupos cidadáns. Persoas que unen as súas forzas e tellen os seus proxectos vitais para configurar lugares e incidir sobre o seu contexto. O que comezou como un mapa de guerra coa península ibérica como campo de batalla evoluciona ata transformarse nunha rede de cooperación internacional. Indagar nos feitos e desexos desta aventura como práctica arquitectónica e intervención política é o punto de partida deste libro.