Cooperación

Inicio

 feed
twitter |  facebook

 

Compasión y cálculo

Compasión y cálculo.


David Sogge (ed.), Kees Biekart e John Saxby.

Icaria. Barcelona, España. 1998.
ISBN: 84-7426-372-7
Signatura: ASF CO 1


As organizacións de cooperación como CARE, Oxfam e Médicos sen Fronteiras gozaron da confianza do público e dos subsidios gobernamentais sen afrontar demasiados cuestionamentos. Os seus presupostos anuais poden superar doadamente as decenas e ás veces os centenares de millóns de dólares. Varias delas convertéronse en virtuais multinacionais que se desenvolven cual brokers entre o Norte e o Sur. Xorden unha serie de preguntas. Cal é o seu impacto? Marcan algunha diferenza? De quen son? Realmente non son gobernamentais? Son verdadeiramente "sen afán de lucro"? Cal é o seu futuro, a senda empresarial ou a práctica solidaria?

 

Solidaridad y mercado

Solidaridad y mercado.


José A. López Rey.

NETBIBLO. A Coruña, España. 2001.
ISBN: 84-9745-0000-0
Signatura: ASF CO 2


As organizacións non gubernamentais para o desenvolvemento (ONGD) foron presentadas ante a opinión pública como signos de esperanza e de novos valores dunha sociedade que recoñecía nelas actitudes altruístas e solidarias que botaban en falta noutras ordes da vida social, política e económica. A finais da década dos 90, non obstante comezáronse a escoitar voces críticas, non tanto co papel que viñan desenvolvendo, coma co xeito de representalo. Neste libro postúlase a existencia de dous comportamentos organizacionales diferentes: potenciadora de valores como participación e o voluntariado e outra máis economicista.

 

Guía práctica de reducción del riesgo de desastres para organizaciones humanitarias y de desarrollo

Guía práctica de reducción del riesgo de desastres para organizaciones humanitarias y de desarrollo.


Jacobo Ocharan; coordinación, Francisco Rey Marcos e Alicia Pérez Daza.

Obra Social Fundación La Caixa. Barcelona, España. 2008.
Depósito legal: B. 55633-2008
Signatura: ASF CO 3


Esta guía trata de ofrecer aos diversos actores de cooperación unhas pautas concretas de actuación para incorporar a redución de riscos, súas actuacións, sexan estas máis a curto prazo vinculadas coa emerxencia, sexan a longo prazo e con enfoques de desenvolvemento. Moitas das cuestións xorden a cargo da experiencia práctica de Jacobo Ocharan e dos seus outros compañeiros de OXFAM e en especial de OXFAM América, tanto na súa evolución teórica e metodolóxica coma na súa práctica sobre o terreo.

 

El impacto económico y social de la cooperación para el desarrollo

El impacto económico y social de la cooperación para el desarrollo.


Manuel Iglesia-Caruncho.

Catarata. Madrid, España. 2005.
ISBN: 84-8319-232-2
Depósito legal: TO-693-2005
Signatura: ASF CO 4


Busca familiarizar as persoas interesadas na cooperación para o desenvolvemento co frutífero debate internacional que se deu nas últimas décadas sobre a eficacia da axuda externa. Para iso, leva a cabo unha revisión das principais achegas teóricas sobre o papel da cooperación. Céntrase no impacto da axuda externa sobre variables económicas de especial importancia no desenvolvemento, como o investimento, o aforro, a facenda pública, as políticas públicas, comercio internacional, progreso tecnolóxico, débeda externa e o crecemento económico, e ocúpase tamén do seu impacto sobre a pobreza.

 

Club Internacional de Prensa. Simposio (2007)

Club Internacional de Prensa. Simposio (2007).



Secretaría Xeral de Comunicación, Club Internacional de Prensa. Santiago de Compostela. 2008.
Depósito legal: C 1749-2008
Signatura: ASF CO 5


O Club Internacional de Prensa, organizador deste Simposio, como as entidades colaboradoras, Caixanova, a Dirección Xeral de Cooperación Exterior e as universidades de Vigo e Santiago de Compostela, tiveron como obxectivo fundamental contribuír a unha maior toma de consciencia social sobre todos aqueles aspectos que inciden, propician, determinan, ou fomentan a gran desigualdade social que existe no mundo, e a pobreza á que viven condenadas millóns de persoas. A través do debate e das conferencias que tiveron lugar ó longo de dous meses, tratouse de afondar nas razóns e argumentos que expertos nas distintas materias puxeron sobre a mesa.

 

 El proyecto esfera

El proyecto esfera.



El Proyecto Esfera. Reino Unido. 2011.
ISBN: 9781908176028
Signatura: ASF CO 06-01


O Proxecto da Esfera é un programa do Comité Directivo de Resposta Humanitaria e de InterAction, coa participación de VOICE, o Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR) e o Consello Internacional de Organizacións Voluntarias (ICVA). O proxecto arranca en 1997 coa finalidade de elaborar un conxunto de normas mínimas universais en áreas básicas da asistencia humanitaria. O obxectivo do proxecto é mellorar a calidade da asistencia que se presta ás persoas afectadas por desastres e acrecentar o grao de responsabilidade do sistema humanitario en relación coas intervencións en casos de desastre.

 

 Código de conducta de las ONG de desarrollo

Código de conducta de las ONG de desarrollo.



Coordinadora de ONG para el Desarrollo. Madrid, España. 2008.
Depósito legal: M 33248-2008
Signatura: ASF CO 07


Caderno que debe servir de guía ás ONGD no desenvolvemento das súas actividades. Producíronse cambios importantes no ámbito da cooperación ao desenvolvemento. A sociedade volveu os seus ollos cara ao mundo da solidariedade. Os diferentes axentes que están xogando algún papel neste campo viron como a súa influencia e a súa presenza na sociedade incrementouse notablemente. O código divídese en dúas partes. A primeira: a identidade das ONGD, os seus campos de traballo, os criterios xerais de actuación e de organización interna. A segunda: difusión e cumprimento do código.

 

 Mójate participa con el Sur. Dinámicas de educación al desarrollo: campaña educativa

Mójate participa con el Sur. Dinámicas de educación al desarrollo: campaña educativa "Jóvenes como tú".



Fundación para la Educación y el Desarrollo de los Pueblos. Madrid, España. 2000.
ISBN: 8481983446
Signatura: ASF CO 08


Entreculturas-Fe e Alegría leva a cabo esta proposta de educación ao desenvolvemento, que se enmarca dentro da campaña "Mozos como ti". A devandita campaña trata de achegar a realidade dos mozos latinoamericanos aos mozos españois, coa intención de que analicen os seus puntos de encontro e diferenzas; a súa igualdade en canto a dereitos fundamentais e a diferenza á hora da cal se poñan en práctica. Na firme crenza de educar para promover a reflexión, a crítica, e a participación, os autores deseñaron 26 dinámicas (con diversas variantes cada unha).

 

 Manual de gestión del voluntariado

Manual de gestión del voluntariado.


Observatorio del Tercer Sector; equipo técnico, Pau Vidal, Núria Valls e Ana Villa.

Fundación La Caixa. Barcelona, España. 2009.
ISBN: 978-84-9900-020-6
Depósito legal: B 18711-2009
Signatura: ASF CO 09


O presente manual insírese nunha das tres liñas de acción do programa Voluntariado da Fundación "A Caixa", o apoio ás entidades sociais na xestión do voluntariado, entendendo que a mellora na preparación e a formación dos voluntarios e voluntarias consegue que esas persoas acheguen o mellor de si mesmas aos programas onde participan, que as organizacións non lucrativas conten con xente capaz de atender correctamente aos beneficiarios e que froito desta colaboración, aumente o desenvolvemento social da nosa sociedade.

 

 GPS y Google Earth en cooperación: Cómo crear, compartir y colaborar con mapas en la red

GPS y Google Earth en cooperación: Cómo crear, compartir y colaborar con mapas en la red.


Santiago Arnalich e Julio Urruela.

Arnalich Water and Habitat. Almeria, España. 2012.
ISBN: 9788461508488
Signatura: ASF CO 10


Este libro amosa como usar o GPS e Google Eath para crear mapas sinxelos e expresivos para compartir na rede. Cunha lectura de apenas 10 horas, aprenderás a traballar cun GPS sen erros, a usalo xunto con Google Earth mesmo en zonas sen acceso a internet e a crear rapidamente diversos mapas interactivos que outras persoas poden ver e modificar a través de internet sen necesidade de expertos nin complicacións innecesarias. Aínda que se formula no contexto de Cooperación ao Desenvolvemento, o mesmo procedemento é válido para calquera outra aplicación.