dHábitat consitúeo un grupo de profesores da Escola Técnica Superior de Arquitectura e membros de Arquitectos Sen Fronteiras Galicia, tendo como obxectivo impulsar a concienciación social en materias de dereito ao hábitat, con especial incidencia no ámbito universitario.
Coincidindo co lanzamento da primeira edición do curso en liña “Hábitat a Escala Humana”, prográmase unha mesa redonda arredor do tema central que da sentido ao grupo: a introdución da educación para o desenvolvemento nos estudos universitarios.
Forman parte desta profesionais de diferentes ámbitos mais cunha ampla traxectoria no mundo da cooperación. Os seus puntos de vista, forxados ao través dun extraordinario abano de experiencias son, sen dubida un referente no que respeita ao dereito ao hábitat.
Membros da mesa
Guillermo Carlos Otero Piñeyro-Maseda: Xefe do Servicio de Formación e Coordinación Institucional da Cooperación ao Desenvolvemento da Xunta de Galicia
Alfredo Novoa Gil: Presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade desde a súa fundación en 1997 ata o ano 2011
Enrique Peña González: Doutor e Profesor Titular da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Caminos, Canles e Portos, e exdirector da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña
Plácido Lizancos Mora: Doutor e Profesor Titular da Escola Técnica Superior de Arquitectura e Coordinador PDI-UDC do Proxecto dHábitat
Lara Medín López: Presidenta de Arquitectos Sen Fronteiras Galicia e expatriada en Guatemala no período 2008-2013
Ítems
¿Qué papel pode aportar no ámbito da cooperación unha institución docente e investigadora como a Universidade?
¿Cómo se poden deseñar vías de acción desde organismos universitarios?
¿Qué diferentes visións téñense da cooperación dende os países colaboradores e dos receptores?
¿Poden os arquitectos e a arquitectura intervir positivamente no desenvolvemento da humanidade?