Cooperación 01

Inicio

 feed
twitter |  facebook

 

20140221ArchitectureForHumanitiy265x200 Architecture For Humanity é unha ONGD global, fundada en 1999.
Ten por obxectivo primeiro a construción dun mundo máis sustentable a través do poder do deseño.
20140221BuildingTrust265x200 Building Trust International é unha ONGD do Reino Unido, que dende 2010 acomete a loita contra a pobreza a través do deseño arquitectónico. Boa parte das súas accións localízanse na India.
Implica a profesionais e comunidades locais con doadores individuais ou empresariais en busca de solucións sostibles para necesidades edificatorias ou de infraestruturas.
20140221FullerCenter265x200 The Fuller Center For Housing é unha ONGD de base cristiá-ecuménica, de orixe norteamericana, adicada a combater a precariedade do hábitat como causa de pobreza no mundo enteiro.
O seu modo de actuar é o traballo conxunto con organizacións locais ás que o FCH dálles apoio estrutural para a construción ou reparación de vivendas.
20140221AchitectureInDevelopment265x200 Architecture In Development é unha plataforma virtual, construída colaborativamente, para o intercambio de coñecementos e experiencias arquitectónicas vinculadas con accións de cooperación ao desenvolvemento. Aquí albérgase un gran banco de proxectos de todo tipo de tipoloxías e tecnoloxías, incluíndo a súa documentación técnica e fotográfica, e as historias que hai detrás de cada unha desas edificacións, de forma que este é o lugar para todo aquel que desexa coñecer o estado da arte.
20140221TheOnePercent265x200 The 1% Program é unha iniciativa da Fundación Americana Public Architecture, que conecta dende 2002 a organizacións sen ánimo de lucro, necesitadas de asistencia técnica para o deseño, con arquitectos dispostos a doar o seu tempo de acordo cos movementos que preconizan o deseño pro-bono.