![]() |
A temática contida nesta páxina implica a un amplo número de institucións e organismos que, dunha ou outra maneira, achegan o seu singular traballo no estudo e difusión do dereito ao hábitat.
Dende este espazo poderás acceder á información xeral das Entidades Coordinadoras deste proxecto (ASF Galicia e Agrupación de Docentes) e convértese ademais no punto de encontro para todas aquelas institucións que participan de modo activo no seu desenvolvemento.
O carácter pluridisciplinar que require o axeitado tratamento formativo de profesionais con interese no estudo das necesidades non satisfeitas de habitabilidade involucra áreas de coñecemento tan diversas como o Ordenamento do Territorio, a Xestión Social, o Deseño Arquitectónico ou a Tecnoloxía Construtiva. Todas estas especialidades teñen cabida no apartado Institucións Universitarias, desde onde coñecerás con detalle o labor que cada unha destas Universalidades desenvolve nos seus particulares campos de traballo.
A procura de solucións á cuestión da habitabilidade crítica tamén se desenvolve en ámbitos nos que se atopan organismos de moi diferente carácter. Organizacións gobernamentais, Organizacións Non Gobernamentais para o Desenvolvemento, fundacións ou asociacións que achegan o seu esforzo na procura dun novo enfoque racional da problemática do acceso a un habitar digno, teñen no espazo Outros Organismos un punto de relación e difusión do seu labor.
Imaxe por haven't the slightest