Campionatos de España Universitarios

CEU 2025

A Coruña, a 10 de abril de 2025
A participación do estudantado nos Campionatos de España Universitarios neste ano 2025 non poderá ser sufragada pola UDC por causa da situación de desequilibrio orzamentario na que se atopa a institución académica. Xa estamos a traballar para buscar fórmulas de financiamento que nos permitan afrontar outro tipo de decisións o ano que ven.
Porén, no caso de que haxa persoas interesadas en inscribirse nestes Campionatos sen o apoio económico da UDC, poden contactar coa Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte (vdcd@udc.gal) e consideraremos cada unha das situacións.
 
Lembramos que os Campionatos de España Universitarios (CEU) poden participar todas aquelas persoas que se atopen matriculadas no presente curso académico, e que acrediten ser estudantes de Grao, Mestrado ou Doutoramento, dos títulos que teñan carácter oficial e validez en todo o territorio nacional aos que se refire o artigo 9 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema Universitario, pertencentes a calquera universidade recoñecida e representada no Comité Español de Deporte Universitario (CEDU). Poderán solicitar a súa participación todas aquelas persoas que cumpran os requisitos que establece o Regulamento de participación en competición deportivas externas da UDC, e os respectivos Regulamentos xerais Técnicos do CSD de cada competición. 
As datas límite de envío da solicitude de participación (vdcd@udc.gal) de inscrición nas diversas modalidades deportivas, así como a documentación necesaria a aportar en dita solicitude, pode consultarse nos apartados de cada unha das modalidades indicadas a continuación nesta mesma páxina.

 


Resolución, regulamentos e sedes e datas oficiais (Consejo Superior de Deportes)

Resolución da convocatoria dos CEU

Resolución de concesión de sedes CEU

Regulamento xeral

Normas de disciplina deportiva

Regulamentos técnicos dos CEU

 

Modalidades deportivas