Sala Fitness/musculación

Inscricións para o uso libre da sala fitness/musculación para todos aqueles membros da Comunidade Universitaria que posean o Abono Deportes no actual curso académico.

Ambas salas están dotadas de vestiarios, diferentes máquinas de exercicio físico, aparellos de peso libre e todos os elementos e accesorios necesarios para a práctica dunha actividade física saudable.

Instalacións e horarios de apertura

  • Estadio Universitario campus de Elviña (A Coruña), de 9:00 a 22:30 h
  • Centro Cultural Universitario (Ferrol), de 8:30 a 22:00 h

O horario de apertura das salas será continuado, durante todo o curso académico (agás no mes de agosto que permanecerá pechado)

En festividades do calendario académico e durante o mes de xullo este horario será reducido.

Maís información e inscricións: A Coruña / Ferrol