Solicitude de entradas para os concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia

Maio

A Universidade da Coruña (UDC) pon de novo a disposición do seu alumnado entradas de balde para os concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG)

As datas nesta ocasión son para o mes de maio de 2019.

Para solicitar as invitacións haberá que encher o formulario que obterás premendo ou escaneando o código QR.

QR_Entradas da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) maio_

 

Tentaremos que poidades asistir o maior número de alumnas/os polo que o reparto estará suxeito á orde de solicitude, ao número de entradas dispoñibles e con preferencia da xente que aínda non foi nesta temorpada.

 

Prazo de solicitude:

Comezará desde a publicación desta convocatoria na páxina web da UDC e finalizará o domingo 5 de maio ás 23.59h.

 

Recollida:

As entradas colleranse en NORMAL, espazo de intervención cultural no Campus de Riazor, en horario de mañá, ou no Centro Cultural Universitario do Campus de Esteiro, de mañá ou de tarde, na mesma semana do concerto que escollíchedes de luns a venres (agás festividades).

 

Condicións:

Cada persoa poderá presentar unha solicitude e terá dereito a retirar dúas localidades.

Só poderá acceder ás entradas o alumnado que estea matriculado no curso 2018/2019;  quedan excluídas destas entregas todas as persoas que teñan unha relación contractual ou estatutaria coa UDC. Tamén quedará excluído o alumnado que non envíe o correo electrónico desde o dominio da universidade (@udc.es;@udc.gal).

Só a persoa adxudicataria poderá retirar as invitacións e para recollelas terá que presentar o DNI/Pasaporte.

As persoas que non recollan as entradas e non o comuniquen ao enderezo cultura.coruna@udc.es, non poderán participar nos futuros outorgamentos na presente temporada.

 

Velaquí tedes os programas da temporada 2018/2019 da OSG os venres e os sábados.

 

Para calquera dúbida ou incidencia, podedes chamar ás seguintes extensións telefónicas:

A Coruña

Jorge Cordal - 881 014 502

Teresa García e David Calderón - 881 014 514

Ferrol

Lidia Ventura e David Castro - 881 013 697

 

logo ConcelloCorunaProxima