Solicitude de entradas para os concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia 2019/2020

Outubro

A Universidade da Coruña (UDC) pon de novo a disposición do seu alumnado entradas de balde para os concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG)

A data nesta ocasión é o 5 de outubro de 2019.

Para solicitar as invitacións haberá que encher o formulario que obterás premendo aquí.

Tentaremos que poidades asistir o maior número de alumnas/os polo que o reparto estará suxeito á orde de solicitude, ao número de entradas dispoñibles e con preferencia da xente que aínda non foi nesta temporada, poderemos usar as persoas que fiquen sen entrada para encher próximos concertos.

 

Prazo de solicitude:

Comezará desde a publicación desta convocatoria na páxina web da UDC e finalizará o venres 4 de outubro á 13h.

 

Recollida:

As entradas só se poderán coller até o venres 4 en NORMAL, espazo de intervención cultural, no Campus de Riazor, de 10h. a 14h.  ou de 15h. a 21h. previo aviso por correo electrónico ás/aos seleccionados.

 

Condicións:

Cada persoa poderá presentar unha solicitude e terá dereito a retirar dúas localidades.

Só poderá acceder ás entradas o alumnado que estea matriculado no curso 2019/2020;  quedan excluídas destas entregas todas as persoas que teñan unha relación contractual ou estatutaria coa UDC. Tamén quedará excluído o alumnado que non envíe o correo electrónico desde o dominio da universidade (@udc.es;@udc.gal).

Só a persoa adxudicataria poderá retirar as invitacións e para recollelas terá que presentar o DNI/Pasaporte.

As persoas que non recollan as entradas e non o comuniquen ao enderezo cultura.coruna@udc.es, non poderán participar nos futuros outorgamentos na presente temporada.

 

Velaquí tedes os programas da temporada 2019/2020 (este ano exclusivamente os sábados).

 

Para calquera dúbida ou incidencia, podedes chamar ás seguintes extensións telefónicas:

A Coruña

Ruben Ruibal  - 881 014 511 (quenda de tarde)

David Calderón - 881 014 514 (quenda de mañá)

 

logo ConcelloCorunaProxima