Plano do CITIC de Formación Transversal para Xoves Investigadores

O fortalecemento dos recursos humanos en I+D+i é un obxectivo importante para a Unión Europea e son varias as iniciativas que a CE promove para a mellora da carreira investigadora, como “The EU principles for innovative doctoral training” ou “The Human Resources Strategy for Researchers (HRS4R)”.

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC), a través do Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE), presenta un plano de formación en “habilidades transversais chave”, común a todas as disciplinas, e que deben fomentar a ciencia aberta, a innovación e o espírito empresarial entre os xoves investigadores (predoutorais e posdoutorais) coa finalidade de incrementar a súa empregabilidade en calquera ámbito, e ser complementarios aos coñecementos científicos e tecnolóxicos que adquirirán a través da investigación.

A formación iníciase cunha oferta de cursos dirixidos a xoves investigadores dos centros de investigación da UDC (CICA, CITEEC, CIT e CITIC) e aos centros singulares de investigación e agrupacións estratéxicas consolidadas de Galicia.

Esperamos e desexamos que esta oferta, sexa útil e valiosa para os participantes e que cumpra a función para a que foi deseñada.

 

logo_citic                     CUFIE 4