Esta edición das xornadas está orientada abrir un espazo de diálogo e de intercambio de experiencias docentes, así como a recoñecer o esforzo do profesorado da UDC pola innovación nos procesos de ensino-aprendizaxe durante os períodos de docencia en remoto por causa da pandemia.
Neste contexto, a Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente quere premiar a dedicación do profesorado mediante a concesión de dous premios ás mellores experiencias de adaptación á docencia en remoto presentadas a través das video-comunicacións.
O pagamento dos premios farase por transferencia bancaria na conta da nómina da persoa seleccionada, coa retención do IRPF que corresponda. No caso de que o proxecto o levasen a cabo varias persoas (até un máximo de 4), o importe do premio dividirase a partes iguais e ingresarase por transferencia bancaria nas respectivas nóminas coas retencións do IRPF que correspondan.
Optarán ao premio todas as video-comunicacións presentadas, sempre que as persoas autoras manifesten o seu consentimento no espacio habilitado para ese efecto no formulario de inscrición. No caso de seren varias persoas autoras, TODAS teñen que inscribirse e outorgar consentimento para poderen optar ao premio.
As vídeo-comunicacións que non se cingan á duración esixida non serán valoradas
A aceptación dos premios implica a concesión de permiso para a difusión da práctica nos distintos medios de comunicación do CUFIE
Outorgaranse dous premios por un importe total de 1.200€ con cargo á partida orzamentaria 04000405 422D 48102:
Para dirimir este premio convocarase unha comisión externa formada por tres persoas de recoñecido prestixio e acreditada experiencia no campo da formación virtual:
- Ignacio J. Blanco Medina. Director de estratexia Internacional e antigo director do CEPRUD (Centro de Producción de Recursos para la Universidad Digital) da Univ. de Granada.
- Antonio Fernández-Coca. Vicerreitor de Campus dixital e transmedia da Univ. de les Illes Balears.
- Sonia Arranz Turnes. Directora de eCampus da Univ. de Deusto
A comisión externa dará prioridade aos criterios pedagóxicos (60%) sobre os técnicos (20%) e os relacionados coa innovación (20%). (Ver criterios de valoración)
O fallo do xurado será inapelable
Neste caso será o público participante nas xornadas quen decida o gañador ou gañadora mediante os seus votos. Resultará gañadora aquela experiencia que obtivera máis Me gusta ás 15:00 horas do día 27 de maio. Se houbera un empate entre dúas ou máis experiencias, abriríase un prazo extra de votación ata as 00:00 horas do 27 de maio. Se resultara gañadora a mesma experiencia que a dirimida pola comisión externa, outorgarase o premio á segunda máis votada.