Calendario elaboración guías docentes curso 2019/20

(PDI, Directores de centro, Directores de departamento e Coordinadores de titulos)

Calendario que se seguirá na elaboración das guías docentes das materias para o curso 2019/2020, en títulos de grao e mestrado:

calendario-GADU-19-20

(1) Observacións para o coordinador da titulación:

1.1. [Novo] Introducir as novas competencias “Tipo C: Transversais/Nucleares” e asignalas ás materias:

No Consello de Goberno do 31/05/2017 aprobáronse as novas competencias transversais para os títulos da UDC. Todos os títulos novos deben incorporalas (grados e mestrados). Até agora esas competencias segundo o procedemento para a elaboración das guías docentes e de titulacións, aprobado en Consello de Goberno o 28/6/2007, eran 8 e se denominaban "nucleares". O termo de “competencias nucleares”, que se definían como as común a todas as titulacións dunha universidade e que debían ser características do seu alumnado egresado, foi substituído polo de “competencias transversais”.

Ver información completa para facelo AQUÍ

1.2. Asignar as competencias do título ás materias:

  • Asigna en GADU as competencias do titulo ás materias segundo recolle a Memoria do Título (ver Portal de Estudos da UDC (http://estudos.udc.es; dende onde se irá a: título/resultados/asegurando a calidade/Memoria do título). Se xa as asignou en cursos anteriores non é preciso facelo de novo, salvo que haxa algún erro ou sexa preciso facer modificacións polos cambios realizados na memoria do título.
  • Dispón do titorial de axuda “Novas funcionalidades en GADU para o perfil Responsable de Titulación” en udc.gal/cufie/GD/materiales/, no que se indica o proceso para asignar as competencias a cada materia.

(2) Observacións para o profesorado da materia:

2.0. Observacións xerais para editar, modificar e confirmar as guías docentes

O profesorado das materias debe saber que ao entrar en GADU para elaborar as guías docentes dun novo curso xa visualiza unha copia das guías docentes do curso actual. Deste modo, as guías que ve do curso 2018-19 é unha copia das guías docentes do curso 2017-18. Polo tanto, o profesorado NON precisa e NON debe usar a función “Importar de” do panel de materias para cargar o contido das súas guías.

 

Para elaborar unha guía docente dun novo curso o profesorado debe valorar as seguintes situacións e proceder segundo se indica para cada caso:

1. Se non precisa facer cambios:

Só debe confirmar a guía docente. Para iso ten que ir ao “Paso 10: Confirmar guía docente”, premer “Enviar confirmación” e, unha vez que o semáforo se pon en amarelo, premer sobre a luz verde do semáforo.

2. Se precisa facer pequenos cambios:

  • Ir a cada un dos pasos da guía para facer os cambios necesarios.
  • Confirmar a guía docente.

3. Se a guía non está feita (está valeira por ser a materia dun título que inicia a súa implantación por primeira vez) ou está feita e vai cambiar todo o seu contido. Neste caso ten dúas opcións:

  • Ben editar cada un dos pasos da guía para introducir o seu contido.
  • Ben utilizar a función “Importar de” do panel de materias para importar a guía docente doutra materia que ten a guía feita, xa que contén información que pode ser común a ambas materias (contidos, metodoloxías, atención personalizada, observacións da avaliación e/ou fontes de información). Neste caso, unha vez feita a importación, o profesorado sempre debe editar e completar os seguintes pasos da guía docente (xa que o seu contido é específico da materia en relación coas competencias propias da titulación): “Paso 2: Resultados de aprendizaxe”, “Paso 4: Planificación”, “Paso 7: Avaliación”. Os demais pasos importados (“Paso 3: Contidos”, “Paso 5: Metodoloxías”, “Paso 6: Atención personalizada”, “Paso 8: Fontes de información” e “Paso 9: Recomendacións”. O profesorado debe revisar estes apartados para facer os cambios necesarios ou confirmar o mesmo contido importado.
  • Logo debe confirmar a guía docente.

2.1. A contribución das metodoloxías e da avaliación ao desenvolvemento das competencias do título:

  • “Paso1: Competencias do título”: revisa que as materias teñen asignadas as competencias do título segundo recolle a Memoria do Título (ver Portal de Estudos da UDC (http://estudos.udc.es; dende onde se irá a: título/resultados/asegurando a calidade/Memoria do título). Se faltan competencias por asignar ou ten asignadas outras que non corresponden á materia, debe comunicalo ao Coordinador do Título.
  • “Paso 2: Resultados de aprendizaxe”: revisa a asignación dos resultados de aprendizaxe ás competencias do título.
  • “Paso 4: Planificación” e “Paso 7: Avaliación”: indica na columna “competencias” a contribución das Metodoloxías e dos Sistemas de Avaliación ás competencias do título.
  • Dispón dos recursos de apoio en udc.gal/cufie/GD/materiales/:
    • Novas funcionalidades en GADU para o perfil Profesor”, no que se indica como reflectir a contribución das metodoloxías e dos sistemas de avaliación ao desenvolvemento das competencias do título asignadas á materia.
    • Guía para a elaboración das guías docentes de materia na UDC”, a través da que se indican, paso a paso, as orientacións metodolóxicas para o deseño das guías docentes de materia.

2.2. A avaliación e o “alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”:

 

Segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b), o profesorado recollerá nas guías docentes de maneira específica as medidas de dedicación para o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”.

 

En consonancia con estas normas, poderase recoller nas guías docentes seguindo as seguintes recomendacións:

  1. “Paso 6: Atención personalizada”: describir as medidas de atención personalizada específicas indicando as metodoloxías (dinámicas de traballo) que se desenvolverán con este alumnado para o estudo da materia.
  2. “Paso 7: Avaliación”, apartado “Observacións”:
    1. Describir para a primeira oportunidade os criterios e actividades de avaliación para este alumnado, o peso que terán na avaliación, e a porcentaxe que dispensa da asistencia.
    2. Describir para a segunda oportunidade os criterios e actividades de avaliación para este alumando e o peso que terán na avaliación. (Ver “Guía para a elaboración de guías docentes de materia” pax.35)

2.3. Confirmación da guía docente en:

  • “Paso10: Confirmar guía docente”: cada novo curso ao cargar as guías o semáforo aparece en vermello. O profesorado debe confirmar a guía docente e poñer o semáforo en verde (estado finalizada).

 

Nota importante: Para acceder á versión das guías anterior ao curso 15/16 habilitouse unha ligazón na páxina de entrada a GADU (https://guiadocente.udc.es). Na vista pública das guías pódense visualizar e descargar en (pdf) as guías de tódolos cursos.

 

A Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente coordina este proceso a través da Área de Guías Docentes do CUFIE, da que recibirán puntualmente a información e apoio necesario dende a súa web http://www.udc.es/cufie/GD, nas extensións 5618 e 5612, e a través do correo electrónico gadu@udc.es.