Xornada sobre Enfermidades Raras "Outra forma de voar"

A Unidade de Atención á Diversidade da Universidade da Coruña organiza esta Xornada co obxectivo de visibilizar e sensibilizar á comunidade universitaria, así como á poboación en xeral, sobre as necesidades reais das persoas con enfermidades raras. É importante, nun día como o Día internacional das persoas con discapacidade, que este ano coincide coa celebración das xornadas, lembrar que en moitas ocasións esta discapacidade vai da man dunha enfermidade rara (no 70% dos casos é así) e isto dificulta a súa visibilidade e coñecemento social. Hai que ter en conta que as enfermidades raras son as que afectan a un número moi limitado de persoas  (entre un 6% e un 8% da poboación mundial), pero que teñen os mesmos dereitos e as mesmas necesidades que o resto de poboación, coa problemática da dificultade do diagnóstico nestes casos e que, en ocasións o grande descoñecemento que existe. Esta é unha das razóns principais polas que, este ano, quixemos dar voz a este colectivo e que esa visibilidade axude ao mellorar o coñecemento de toda a comunidade universitaria e dos futuros profesionais, que estamos a formar, neste campo concreto.

DATAS: Luns 3 de decembro de 2018

HORARIO: De 9:00 h a 20:00 h

LUGAR: Sesión de mañá - Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación. Campus de  Elviña (A Coruña) / Sesión de tarde - Aula multimedia, aula 0/8 e aula multiusos

PROGRAMA DAS XORNADAS: Podedes descargar o programa neste enlace: "Outra forma de voar"

CUSTO: A Xornada é de balde, mais este ano temos un convenio coa Cociña Económica e pedímosvos que aportedes un kilogramo ou un litro dos seguintes productos: aceite de xirasol, garbanzos, lentellas, fabas, sal, cafe molido natual e/ou azucre. Recolleremos os produtos na porta das xornadas, agradecemos de antemás a vosa aportación.

CERTIFICACIÓN: Ao remate da xornada emitiráse unha certificación de participación nas mesmas. O PAS da UDC que desexe participar deberá ter autorizada a ausencia ao posto de traballo (no portal do persoal) polo responsable superior. Para o alumnado da UDC, segundo a Resolución Reitoral do 16/10/2017 (consultar nesta ligazón), recoñeceráse un crédito en graos da UDC. Para o PDI da UDC a xornada será incluída na formación do CUFIE.

FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN: Aberto dende o 21 ata o 28 de novembro do 2018