Presentación

Proxecto #SenEtiquetas. Universidade da Coruña

A Fundación ONCE, Fundación REPSOL e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte puxeron en marcha de forma conxunta unha nova convocatoria do programa “Campus Inclusivos. Campus sen límites”, co obxectivo principal de incrementar a presenza activa de persoas con discapacidade nas universidades españolas de forma que continúen coa súa formación e amplíen as súas posibilidades de acceso a un emprego de calidade (Resolución de 31 de Marzo do 2016, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan subvencións para o desenvolvemento de proxectos no ámbito do programa Campus Inclusivos, Campus Sen Límites. Convocatoria do 2016).
Reunida a Comisión de Selección o día 26 de mayo de 2016, de acordo co artigo 9.4 da convocatoria, seleccionáronse 10 universidades españolas entre as que se atopa a Universidade da Coruña (UDC).
O proxecto proposto para a convocatoria dende a UDC pretende achegar ao estudantado con e sen discapacidade, pero en risco de exclusión ou abandono escolar, ao contexto universitario e que sexan conscientes das oportunidades que poden estar ao seu alcance se deciden seguir os seus estudos dentro dunha universidade. Ademáis, como parte da responsabilidade que ten a nosa universidade para coa sociedade, quere crearse un vínculo estable cos axentes que orientan e traballan cos estudantes que poidan quedar fóra do itinerario educativo e que poderían desenvolver estudos superiores cos apoios adecuados.
A través deste proxecto, chamado #SenEtiquetas, a UDC quere renovar o seu compromiso en materia de diversidade, poñendo unha vez más de manifesto que a universidade debe ser un punto de inflexión dende o que promover ese cambio social e educativo preciso para que a accesibilidade universal convírtase de forma paulatina nunha realidade. A educación superior non pode ser unha barreira infranqueable para as persoas con diversidade, senon un trampolín dende o que tomar pulo para conseguir unha vida plena e autónoma. Gracias á formación, esa fenda que existe na actualidade en materia de empregabilidade, podería ser menor. As persoas con discapacidade poderían acceder a traballos máis cualificados e que, co apoio da tecnoloxía e as novas adaptacións de postos laborais, foran cada vez máis habituais nas pequenas e grandes empresas.