Central de Contratación do Estado

A Universidade da Coruña adheriuse ao sistema de contratación centralizada do estado (Central de contratación do estado), o que implica a subscrición de diferentes Acordos Marco coa Dirección Xeral de Racionalización e Centralización da Contratación (DGRCC). Unha vez que se declara centralizado un servizo ou unha subministración, a competencia para contratalos correspóndelle á DGRCC e, independentemente da súa contía, é obrigatoria a contratación a través da Central de Compras das subministracións e dos servizos incluídos nos AM que subscriba a UDC, agás  no caso das Excepcións autorizadas pola DGRCC e da posibilidade de solicitar autorización á DGRCC para contratar de acordo coas normas xerais de competencia e procedemento polo propio órgano de contratación. Máis información.

Acordo Marco 10/2012*

Subministración de Equipos e software de comunicacións.

*Aviso: Previsión de entrada en vigor do novo Acordo Marco 10/2018 para subministros de sistemas, equipos e software de comunicacións. 

24 de Maio de 2019: A tramitación do novo acordo marco AM 10/2018 (que substituirá ao vixente AM 10/2012) está próxima ao seu fin, estimándose como data prevista de entrada en vigor do novo acordo a segunda quincena do mes de xuño. A adxudicación dos contratos baseados neste novo acordo marco se deberá levar a cabo mediante unha segunda licitación en todos os casos.

Catálogo

Acordo Marco 13/2013

Subministración de servidores de propósito xeral e sistemas de almacenamento (Equipos e Software)